domingo, 1 de mayo de 2022

Crónica da Xornada

 

PREBENXAMÍN 7  San Miguel 0

Dominando o partido dende o inicio do encontro, tendoo controlado en todo momento, o primeiro gol foi un un contra un de Erik que resolveu coa perna esquerda ante o porteiro rival, os seguintes goles na primeira metade foron realizados por Gael, Diego, Fabio e Marcos, chegando ao descanso cun 5-0. Xa na segunda metade buscamos máis traballo e organización coa posesión do balón, tendo o balón na nosa maior parte do tempo, e rematando co resultado final de 7-0 con dous goles de Erik.

BENXAMÍN B 3 Clube Peñasco B 3

O partido foi xogado e traballado moitísimo polos dous equipos, ningún dos dous chegou a controlar o partido, máis ben o fútbol foi de boxeo, un golpeou e o outro respondeu ata o último minuto de partido, onde un penalti a favor do Peñasco  co que puideron gañar o partido e provocou momentos emocionantes, lanza e falla, pero había que repetilo, lánzase de novo e falla pero tamén había que repetilo. Despois de dous penaltis lanzados e errados, chega a hora de Daniel, que non é porteiro senón unha auténtica araña, o xogador lánzao ao centro, Dani bate pola banda esquerda e no último momento saca a punta do seu pé  e para o balón; pitando o árbitro o final do partido. Lembramos que no partido anterior parou outro penalti. 


BENXAMÍN A 5  E.D. Salvaterra 3 

Un partido cheo de emocións; comezou co gol de Álex que nos puxo por diante do marcador cunha moi boa xogada individual. A pesar do bo xogo, o rival púxose 1-3 no primeiro tempo. Tras algúns cambios, o Arenas foise a por todo e o segundo gol  foi obra de Pedro. O equipo chegou e pasou a dominar o partido, e Antonio foi o encargado de poñer o 3-3 e o 4-3 asinando así un auténtico partidazo. Alejandro sentencioo tras un centro de Sergio. Aínda así, o partido seguía vivo para o Salvaterra, que non atopaba o gol grazas a Nicolás que, sendo defensa, tamén demostrou que está moi ben en calquera posición. Un partido moi bo para os máis pequenos, que seguen loitando por gañar a Copa que tanto desexan.


ALEVÍN B 2  E.D. Val Miñor E 1

O encontro comezou con dominio e superioridade por parte do Val Miñor durante os primeiros 15 minutos, pero o equipo local tivo ocasións e tras unha boa xogada e un regate, Roque abriu o marcador dende fóra da área. O encontro foi igualado despois de se primeiro gol e converteríase nun constante ida e volta conseguindo que o Val Miñor marcase un minuto antes do descanso.Hugo adiantaría ao equipo local tras un rexeite dentro da área.Finalmente, o Arenas non conseguiría pechar o encontro e sufriu ate o final, tras golpear dous paus neses minutos finais.

 

Coruxo F.C. 2  ALEVÍN  A 1 

Partidazo de tu a tu o disputado onte en Fragoselo. Moi ben defensivamente e con perigosos contraataques ao noso favor. Os dous goles do Coruxo foron de córner e os nosos de falta directa. O colexiado non nos deixou empatar o partido, anulando un gol noso completamente legal. Disgusto pola derrota pero satisfeitos polo gran partido disputado.


C.D La Guía 3  INFANTIL A 4

Partido moi emocionante disputado esta mañá en A Guía polo noso Infantil A, con moitas alternativas no marcador.

O Arenas respondeu ao gol inicial de La Guía nada máis comezar o encontro, tentando facerse co control, polo que Rubén fixo o empate tras unha gran xogada persoal no minuto 18.

Nada máis comezar o segundo tempo, en pleno control do Arenas, Alberto e outra vez Rubén, marcaron nos minutos 43 e 46, poñendo unha clara vantaxe no marcador. A Guía reaccionou, conseguiu empatar, e chegou ao final cun partido roto cos dous equipos atacando á desesperada, o gardameta rival subiu para rematar dous córners, e no último suspiro Matías, que pouco antes fallara dous man a man co porteiro, cun tanto ANTOLÓXICO dende fóra da área, conseguiu darlle a vitoria ao Arenas, o que lle permitiu manter a ilusión do ascenso.

 


 

CADETE 2  Caldelas C.D. 2  

Decepción co empate de onte ante o Caldelas, partido que comezou moi ben co Arenas que se adiantou por 2-0 con goles de Iago e Mario pero que os visitantes lograron chegar desde atrás para rematar o 2-2. Mágoa, aínda que seguimos sendo líderes destacados.


XUVENIL B 2  E.D. Salvaterra 4

Outra derrota do noso Xuvenil B que non logra puntuar nesta Copa Federación, a pesar de todoo¡s os esforzos, os dosu goles goles non foron suficientes para evitar a derrota fronte o E.D. Salvaterra.


 

XUVENIL A 1  A. Matamá 3

Xornada 4 da fase de ascenso. Na grada moitos Siareiros animando. 

Comenzou o partido co Arenas intentando dominar e o Matamá xogando serio e ordenado. No minuto 15 o árbitro pita un penalty que o equipo local non é quen de materializar cunha boa parada do porteiro visitante. A partir de aquí é o Matamá o que se asenta e froito da sua presión adiántase por dúas veces xa no minuto 30. E outra vez no 37 o árbitro pita penalty para o Arenas. Esta vez sí acerta no lanzamento e recorta o marcador. 1-2 co que se chega ó descanso.

No segundo tempo o Matamá xoga moi serio e brega sen descanso. Nunha contra cerca do cuarto de hora acerta a batir ó porteiro do Arenas e 1-3 no marcador. O Arenas intentou recortar e o partido desencorsetouse. Nas ocasións que buscou atopouse cun gran porteiro ou coa falta de acerto. E así chegamos ó final. O Matamá levou os tres puntos que o manteñen na pomada da loita polo ascenso e o Arenas terá que seguir a loitar nas dúas xornadas restantes.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario