domingo, 24 de abril de 2022

Crónica da Xornada

 

PREBENXAMÍN 6 - S.D. Ponteareas 3:

Bo comezo do Prebenxamín 6-3 co que comezan liderando o seu grupo de Copa Federación.

BENXAMÍN B 0 - E.D. Illas Cíes 6:
Bo partido dos nosos Benxamíns B que o intentaron e esforzaron moito, pero ás veces
non abonda para conseguir un bo resultado, non pasa nada rapaces, queda moito e
estamos seguros de que nos seguiredes disfrutando.
 
BENXAMÍN A 5 - C.D. La Guía 0:
As táboas cambiaron co Benxamín A, que con esta vitoria comeza liderando o grupo.
Parabéns!!!

 
 ALEVÍN B 2 - Vila do Corpus B 2: 
O partido comezou de cara para o equipo local, adiantámonos aos 10 minutos cun gol de
Iago, tras 20 minutos de dominio e ocasións continuas, a falta de 5 minutos
para o final, o Vila de Corpus igualaba cunha xogada de córner ensaiada. O
segundo tempo comezou do mesmo xeito, o Arenas seguía combinando e xerando
perigo e así chegaría o segundo gol tras un córner, o encontro empezaba a
igualarse un pouco e a falta de 15 minutos o Vila de Corpus empataría de novo,
o Arenas tentouno outra vez en todos os sentidos, un erro e un pau no último
minuto impedirían que o equipo local se levara os tres puntos:

 ALEVÍN A 2 . R. Bouzas C 1:
 Outro que comezou gañando esta competición copeira foi o Alevín A nun partido moi
disputado que se disputou esta mañá en Navia:
 
INFANTIL B 0 - UVCD Candeán C 7:
 Derrota sen paliativos do Infantil B ante o líder do grupo.

INFANTIL A 3 - Coruxo 1: 

Hoxe disputouse en Navia un gran partido entre o Infantil A, que ocupa provisionalmente o 1º posto ante o Coruxo B, que daquela ocupaba o 3º posto.

Como era de esperar, o encontro comezou con intensidade por parte dos dous equipos, e nada máis comezar, o Arenas tivo unha gran ocasión nas botas de Rubén, que non chegou a concretarse.
Tras unha moi boa presión ao saír o balón no minuto 4 de xogo, o Arenas adiantouse cun gol de Rubén.
Sen descanso no minuto 7, Sergio tentou un disparo lonxano sen aparente perigo que tras un deslizamento do gardameta local entrou na rede, colocando o 1-1 con só 7 minutos de xogo. Pasaba o minuto 21 cando o 1º cartón amarelo do encontro chegou para Martín o central do Arenas. A primeira parte deste vibrante xogo tivo algunha xogada de ataque pero ningunha conseguiu subir o marcador.

O 2º tempo comezou xusto cando a primeira remataba cunha loita polo control do balón por parte dos dous equipos.Destaca a tarxeta ao centrocampista do Coruxo no minuto 51 e ao centrocampista  Alberto do Arenas no minuto 60.No minuto 70, Andrés marcou un gol para o Arenas que pon o 2-1.E xa no último suspiro do partido tras un gran saque longo de Mael o gardameta local, Rubén puxo o definitivo 3-1 nun partido de bo fútbol e desfrute.

  


CADETE 4 - Rápido Bouzas 2:

Duelo polo liderato o que xogou esta tarde o noso Cadete ante o Rápido de Bouzas.

9 frenéticos minutos, entre o 16 e o ​​25 do primeiro tempo, deixaron o marcador nun claro 4-1. Iago, por dúas veces, Ezequiel e Izán foron os goleadores do Arenas. Un gol máis do Rápido no minuto 76 deixaba o resultado final nun 4-2 e permitía aos nosos consolidar o liderado do Grupo.

XUVENIL B 1 - C.D. Pontellas 2:

3ª xornada da Copa Federaciónentre o Xuvenil B e o Pontellas, onde

fomos con moitas baixas, na convocatoria de 11 xogadores de campo e 3 porteiros, 2 deles xogando como xogadores. O Pontellas adiantouse nada 

máis comezar na sua primeira chegada. Reaccionamos rápido cun gol do

noso dianteiro Temu, que hoxe xogaba de lateral polas baixas. A partir de 

ahí, deixamos o control do balón ao Pontellase saímos a contra con

ocasións para os dous bandos nun partido moi igualado. No minuto 74 o

Pontellas errou un penalti e deunos forzas para empuxar un pouco máis,

pero o Pontellas marcou o gol da victoria a 3 minutos do final, nun 

encontro que non merecíamos perder. Gran esforzo do noso Xuvenil B

que, a pesar das adversidades, fixo un gran partido.

 


XUVENIL A 2- U.D. Mos 1

 3ª xornada do Gr 3 fase de Ascenso Xuvenís. Arenas -Mos. Na grada un grupo de Siareiros con bombos animan xa no previo do partido.Que non hai rival fácil o demostra a clasificación. Os dous equipos queren gañar e dar un paso adiante. Comeza  o encontro co Arenas buscando o gol que rondou en dúas ocasións e co Mos gardándose do arreón inicial do Arenas, e buscando a contra. Así foi que cerca da media hora cunha arrancada polo centro, gaña as costas da defensa e rematan á cepa do poste. Pero pouco despois nun centro chut un tanto forzado a fortuna favorece ó Arenas e logra adiantarse no marcador. Así chegamos ó descanso.

 Reanúdase o encontro co Mos, que fixo un partido moi serio, máis asentado. Buscando a ocasión que chegou ós 15 minutos. Baixon do equipo local que sufríu co empurrón do rival. Pero pouco a pouco recuperou sensacións e á media hora logo dunha falta, no rexeite e barullo na área aproveita para adiantarse. De aquí ó final o Mos buscou o gol e o Arenas defendeu o marcador. O redor do minuto 35 o Arenas queda cun xogador menos por doble tarxeta, e lesiónase outro. Pero aínda asi foi quen de seguir a xogar e propor coa salida organizada e mantendo a superioridade xa amosada dende o pitido inicial. Os nervios e a tensión foron levadeiros grazas ó grupo de Siareiros que en todo momento animaron e deron alento ós xogadores. 2-1 final nun partido loitado polos dous equipos cun resultado xusto e no que o Mos demostrou que está nesta fase por méritos propios.

 Con este resultado e co empate entre Matamá e Goián, pasamos a encabezar a clasificación deste grupo.

Adxuntamos os vídeos co gol da victoria, e a previa, partido, e postpartido coas celebracións:

 

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario