Complicado partido do Prebenxamín B ante un rival moi superior no que xogamos moi ben os dous primeiros parciais que remataron 1-0 e onde tivemos varias ocasións. Grazas a todos os Minis que axudaron hoxe ao equipo de novo contra nenos moito máis grandes ca eles. Agardemos que a partir de agora non teñamos tantas baixas. E por outra banda, non nos quedaba máis que felicitar ao adestrador do equipo contrario pola forma de xogar ao fútbol do seu equipo, o mellor equipo que vimos xogar ata agora.
Segunda vitoria no que vai de tempada do Prebenxamín A, esta vez claramente ante o AD Montecastelo. Parabéns rapaces!!!
O Benxamín C tivo que facer fronte a un partido complicado porque só tiña 8 xogadores de campo sen posibilidade de cambios, pero eses 8 Cracks pelexaron coma xabarís.
Bo partido do Benxamín B onde o marcador final non reflicte a realidade do partido xa que estivo moi igualado, fallamos 2-3 de goles moi claros e destacamos a todos os cativos, que mostraron moi boa actitude. Para seguir así.
O Alevín B xogou o primeiro partido da xornada o pasado xoves. Partido moi aberto que os nosos xogaron moi ben ante un equipo de segundo ano ao que lle mantivo a cara. Fáltanos un pouco de efectividade pero estamos moi contentos co esforzo do equipazo.
Bo partido do Alevín A, loitando polo resultado e remontando de 3-2 en contra, presionamos moi arriba para que non tivesen unha boa saida do balón e nalgúns lanzamentos longos puxéronnos problemas que solucionamos ben. Hoxe non podíamos contar cos porteiros e foi Nico o que xogou na portería facendo un gran partido. Os autores dos goles foron Luis con 3, Martín, Alex e Sergio cun cada un.
Dous goles do Moledo nos minutos 23 e 30 sentenciaron o partido do Infantil B, deixándolles sen opcións de puntuar. Un gol máis na segunda metade completou o resultado final.
Partidazo do Cadete B ante o segundo clasificado da táboa. Tiveron actitude durante todo o partido, cos seus pequenos erros que corrixiron ao instante e centrándose ao 100% no que estaban a facer. O Moledo adiantouse por córner, pero ao minuto empatamos por medio de Nico. Moi bo resultado fóra da casa contra un dos arriba para comezar ben o ano.
O Cadete A realizou moitas rotacións no partido ante o Moledo, un dos equipos que están na parte baixa da táboa, o que provocou moita falta de intensidade pola nosa parte, algo que se corrixirá porque nos vai ser complicado ante equipos que compiten mellor. Na segunda metade melloraron as cousas , fomos superiores como demostra o marcador final de 2-7. O mellor foron os 3 puntos que nos permiten seguir liderando a clasificación.
Esta xornada tivo tocoulle pasar polo dentista o Xuvenil B, partido ante o líder indiscutible que conta todos os partidos por vitorias e con só 5 goles encaixados en 15 partidos. Fixemos un partido serio no que aguantamos moi ben 35 minutos pero nos últimos 10 minutos da primeira parte tivemos erros que nos custaron 3 goles. Na segunda metade seguimos serios atrás cun gran Alex na portería e en dous córners mal defendidos marcaron dous goles máis. Debemos seguir traballando e corrixindo erros.
Especial dedicación a Junior, un dos capitáns, que tivo que ser operado mentres os seus compañeiros lograban esta vitoria. Ánimo Junior!!! Querémoste!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario