Pouco a pouco vanse vendo cousas neste Prebenxamín B, os nenos teñen moitas ganas, iso é o mellor e admirámolos. Hoxe puidemos gañar o primeiro cuarto, tíñamos preto pero puxéronse por diante nunha das últimas xogadas. Só tivemos un cambio ante un rival que non só nos superou en número senón tamén en tamaño. Seguimos traballando.
Bo partido do Prebenxamín A a pesar da superioridade do apóstolo na primeira e terceira parte. No segundo e cuarto, o noso equipo disfrutou de moitas ocasións para gañar.
Outro partido moi complicado para o Benxamín C ante un dos equipos fortes da cabeza da clasificación. O resultado reflicte a gran diferenza. Ánimo rapaces!!!!
Unha xornada na que o Benxamín B tivo que xogar ante o aplastante líder do grupo que suma 44 goles en 4 partidos. Outro resultado que o di todo a pesar da loita dos nosos. Animo!!!!
Mal partido do Benxamín A, o R. Castrelos foi superior en varios momentos do partido e faltounos moito xogo para as posibilidades que temos. Goles de Adri Viñas (2), Guille e Rubén.
Un partido raro para o Alevín B, onde todo ía con normalidade perdendo 2-1 nos primeiros 15 minutos do primeiro tempo, pero nos seguintes 15 produciuse unha desconexión total de todo o equipo, chegando ao descanso cun 9-1 en contra. Na segunda metade o equipo recompuxose e mellorou, encaixando 2 goles máis. Mal día do equipo.
O Alevín A comezou o seu partido con pouca presión para recuperar o balón e intentar xogar, o vento moi forte complicouno todo e a pesar diso tivemos bos ataques por bandas e boas combinacións que fixeron posible que chegasen os goles de Luis (2 ), Martín, Eros e un en propia meta do Castrelos, este resultado final de 1-5 xunto coa derrota do Alertanavia deixan só ao equipo liderando a clasificación.
Partido con pouca historia do Infantil B ante un rival superior, colíder do noso grupo que contabiliza todos os seus partidos como vitorias.
Quedamos coa actitude dos rapaces, nunca pararon de pelexar nin baixaron os brazos e así se conseguiu o gol de Izan Grueiro (o segundo que encaixa o Apóstol esta tempada) cando estabamos 6-0. A seguir así.
O partido disputado polo Infantil A no Rosal estivo moi influenciado polas condicións meteorolóxicas e as do terreo de xogo, sobre todo polo vento moi forte. Na primeira metade encaixamos os dous tantos cun penalti inexistente e un córner directo que entrou en gol por efecto do vento. Nunha segunda parte moi complicada, marcamos un gol por medio de Xoel e merecemos o empate pero unha vez máis, non foi posible.
Gran partido do Cadete B aínda que nos custou un pouco poñernos en marcha, serios atrás e saíndo tocando e xogando tal como practicamos nos adestramentos. Resultado final 1-7, boa aptitude e traballo dos 16 que foron xogar. Goles de Ricardo, Hugo, Andrés, Quiroga (2) e Nico (2).
Duelo no máis alto do cumio do Cadete A entre os dous primeiros clasificados onde, como todos os partidos disputados esta xornada, foi moi duro polo temporal. Na primeira metade dominamos por completo, xogando desde abaixo e con moita mobilidade, o Gran Peña neses 45 minutos xerou soamente un remate contra o longueiro e nada máis. A segunda parte foi máis tola, encaixamos o gol nun erro defensivo, pero con caste marcamos o empate cun bo gol de Rubén. Se duran 5 minutos máis, gañamos o partido, seguimos sen perder, engadindo que é o que importa ante un gran rival. Moi contentos co traballo que fixeron.
O partido dun Xuvenil B con moitas baixas comezou bastante tarde e sen poder quentar entramos moi ben no partido, con boa cabeza, recuperándo balons e saíndo rápido ás contras. Adiantámonos 0-3 con dous goles de Gael e un de Martín xusto despois do descanso; nun balón colgado encaixamos o primeiro gol, seguimos buscando o noso cuarto gol ata que o árbitro inventou un penalti na nosa contra, un penalti que case salva Alex, conseguimos manter a cabeza e o partido ata o minuto 82 cando sufrimos a expulsión dun xogador que perdeu os estribos tras unha acción violenta que foi repelida polo rival que só viu o cartón amarelo, esta acción fixo que se meteran no partido, e remontaron con dous goles, o da vitoria no último minuto.
A actuación do noso xogador que nos fixo perder o partido e inxustificable e tamén a actitude dunha parte do público que pasou o segundo tempo insultando aos nosos xogadores e que o colexiado non soubo xestionar ese mal ambiente.
O partido do Xuvenil A estivo totalmente condicionado pola actuación dun árbitro desastroso e prepotente. O Louro empatou no tempo de desconto o tanto de Pedro que nos adiantou no marcador no minuto 76.
No hay comentarios:
Publicar un comentario