Esta semana comezamos co Cadete A que iniciou unha Fase de Ascenso que parece moi complicada. No Campo Federativo de Coia xogaron o partido de ida da semifinal ante o C. Victoria, un equipo moi rochoso, pero que xoga bastante ben, de aí a súa clasificación para esta fase de ascenso, tivemos o peso do partido todo o tempo; dous erros de marcaxe custáronnos dous goles que igualaron sucesivamente os goles de Rubén e Mario cos que nos adiantamos dúas veces na primeira metade. De cara ao gol, como en toda a tempada, non estamos a ter sorte e iso condicionou o resultado que puido ser, de materializarmos as numerosas ocasións, máis abultado. Dous goles de Andrés e Claudio en tres inspirados minutos ao comezo da segunda metade deixaron o marcador no 4-2 definitivo. Orgullosos do traballo e da actitude, toca traballar esta semana pola volta. Grazas a todos os pais e nais de diversas categorías, adestradores e afeccionados que apoiaron e encheron as bancadas. Contamos con todos vós para tentar a próxima semana entrar na final.
Moi mal partido do Benxamín B onde non saíu nada, saímos moi agarrotados e o rival xogou moito mellor. O pase á seguinte fase pesounos demasiado e foi decisivo. Son Momentos que tes que aprender a xestionar e estes CRACKS farano. Moi orgullosos do equipazo.
Foto publicada polo Goián FC |
Último partido da tempada do Benxamín A en Goián, parecido a todo este ano, ante un equipo máis forte fisicamente e onde despois dunha mala primeira metade, na segunda, soubemos gañar o partido e dominar en todo momento xogando o balón. dende atrás como nos gusta e queremos facer, destacar o partido sobre todo de Diego e Pedro, que ademáis convertiron dous e tres goles respectivamente. Resultado final, vitoria por 4-5.
Último partido de copa do Alevin B que rematou cunha nova vitoria ante un rival máis débil. O partido axudounos a tentar xogar dende atrás en todo momento, evitando golpes de balóns e intentando chegar á meta tocando e tocando. Destacar o xogo de Roí, que marcou o seu primeiro gol e que premia todo o seu traballo ao longo da tempada. Completaron a goleada Dani, Izan, Pablo e Mateo.
Partido de dezaseisavos de final da Copa do Cadete B, onde a primeira parte estivo totalmente dominada polo R. de Castrelos, dada a pouca intensidade do noso equipo que se viu complicado por dous graves erros do árbitro que rematou con dous goles deles, pero nada que reprochar e iso non serve de escusa. Chegamos ao descanso perdendo 3-0.
O segundo tempo foi outro partido no que entraron dende o principio os Infantiles Brais, Joel e David, que lle deron outra vida ao equipo e aos 5 minutos nunha gran xogada de David e boa presión de Brais chegou o gol de Dani. 5 minutos despois entrou Pablo (outro Infantil) e aí comezou o ESPECTÁCULO, que gran xogador, o equipo chegou a ser dono do partido. A falta de 10 minutos para o final de Brais fixo o 3-2. Volvemos por completo a pechar o rival na sua área, no minuto 80 estrelamos unha falta contra o poste e na última xogada do tempo de desconto Dani estrelou outra falta no cruceiro. Non puido ser, pero foi unha gran segunda parte do equipo e sobre todo grazas á axuda e ao gran xogo dos 4 Infantís Brais, David, Joel e Pablo que son XOGADORAZOS!! E con este partido rematou a tempada co cadete B.
No hay comentarios:
Publicar un comentario