O partido do Prebenxamín aprazouse a última hora para o vindeiro martes día 24 ás 18:00 h. Moita sorte rapaces!!!
Partido moi aberto e disputado polo Benxamín B. Na primeira metade o equipo estivo algo espeso e foron ao descanso con empate no marcador. Na segunda metade os xogadores puxéronse as pilas e conseguiron marcar 3 goles para conseguir unha boa vitoria. Diego, Dani, Manu e Iago foron os goleadores. Moi orgullosos deste equipo polo gran sacrificio de todos os seus integrantes:
O Benxamín A enfrontouse ao Racing de Castrelos C, equipo ao que nos custou gañar na primeira fase, pero que esta xornada en un moi mal día por parte de todos, superáronos pola mínima. Pouco xogo e pouca contundencia nalgunhas xogadas fixeron que o R. de Castrelos dera a volta a un marcador que na primeira metade rematou 2-1 ao noso favor, pero con moitas máis ocasiónspor parte deles. Na segunda metade melloramos o xogo pero os contrarios foron máis efectivos:
Quizais un dos partidos máis completos da tempada disputouno esta xornada o Alevín B. Nada que dicir aos rapaces xa que fixeron un gran partido. Adiantámonos cun gol de Samuel de penalti pero nos empataron cando o colexiado estaba a piques de pitar o descanso.
No inicio da segunda parte o Independiente volveu marcar, pero en vez de baixar conseguimos empatar cun gol de Álvaro.
Unha vez máis o Independiente adiantouse e volvemos igualar o 3-3 cun gol de Dani.
A falta de poucos minutos para o final do partido, o Independiente marcou o definitivo 3-4 sen tempo para nada máis.
Moi orgullosos dos nosos grandes xogadores, pola súa actitude e polo seu xogo. En todo momento intentaron xogar e nunca consideraron o partido perdido.
Parabéns!!!
Nova derrota contundente do Infantil B, nesta ocasión ante o Casablanca, que é un dos equipos que ocupan a cabeza da táboa. Partido moi mal xogado, nada que ver cos adestramentos da semana pasada, nos que se apreciaba moita mellora. Destacar positivamente a gran actuación do noso porteiro José, e do lateral dereito, Diego. Animádevos rapaces!!!
Nova vitoria do Infantil A que practicamente os consolida definitivamente na Primeira División. Dous goles de Brais, un no inicio do partido e outro nos minutos finais, deron a vitoria desta xornada ante o Chapela CF. que comezou na previa coa homenaxe a Pahiño:
Esta semana tocoulle descanso o Cadete B.
No partido desta xornada para o Cadete A os xogadores menos habituais tiveron minutos. Na primeira metade moi espesa, fomos 1-1 ao descanso. Na segunda metade houbo un partido aberto onde soubemos levalo ao noso terreo e gañar. Destacar o bo xogo de Dani Granados, que se segue saíndo todas as semanas pola banda. Claudio con 2, Mario e Matías foron os autores dos goles:
Tamén tocoulle xornada de descanso o Xuvenil B
Derrota sen paliativos do Xuvenil A na casa ante o Porriño Industrial por 0-5, é preocupante por ser un dos equipos da parte media da Clasificación. Hai que retomar a remontada que comezou a metade da primeira volta porque só se lograron 4 dos últimos 15 puntos posibles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario