domingo, 22 de mayo de 2022

O ASCENSO do Infantil na Crónica da Xornada

Coruxo F.C.  1  INFANTIL A 1

13 penaltys e once meses despois :  O Infantil A sube a Primeira Autonómica.

Xornada 8, Fase de Ascenso de Infantil. Campo de Fragoselo, Coruxo - Arenas de Alcabre.

Chaparrón dos bos antes do partido, pero logo da tempestade, ven a calma. Coñecido o resultado do Gondomar - Ponteareas, un empate aseguraba o ascenso a Primeira a falta de dúas xornadas O partido non foi doado. Un Coruxo correoso non permitía que o Arenas xogara cómodo. E a pesares de levar a iniciativa, chegouse ó descanso con empate sen goles. Quizás os nervios por non acadar un gol e por suposto porque o Coruxo sempre estuvo metido no partido, o Arenas parecía un tanto perdido. Pero co pundonor que sempre tivo este equipo dende que comenzou a temporada, loitou e adiántase no marcador cun gol de Rubén.

Coa grada exultante, coas cores do Arenas de Alcabre, co barullo dos bombos, o ascenso estaba mais cerca. Pero aínda o Coruxo tiña algo que dicir e cun gol empatou e logo foi a polo partido. Os minutos foron pasando e o Arenas amarrou o partido con moito esforzo.

O empate, sufrido, chegou para acadar ese soño. É así como se aprecia máis o obxetivo. Non foi doado, houbo que traballalo, buscalo e finalmente festexado.

Noraboa ós xogadores, adestradores e Siareiros do Arenas de Alcabre. AupaaaaArenas!!


PREBENXAMÍN 3  A. Matamá 5:

Moi disputado o partido de Oitavos en Navia. A pesar do gran partido dos nosos, o Atlántida de Matamá clasificouse para cuartos de final cun resultado de 5-3.

 


BENXAMÍN 0  UVCD Candeán 3:

Gran partido dos nosos benxamíns pero tres goles a balón parado sentenciaron a eliminatoria en favor do Candeán.


 U.D. Mos 2 CADETE 2 (Penalties 5-3):

 Non houbo sorte na quenda de penaltis á que se chegou tras un final apaixonante onde se marcaron tres goles nos últimos cinco minutos do partido, os goles de Izan e Iago nos minutos 75 e 79 deron a volta ao marcador. pero un gol do Mos no último minuto propiciou que se chegase a os penaltis.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario