Pleno do Arenas de Alcabre no Torneo de Vilariño. Infantil e Cadete brillantes campións.
A participación do Infantil foi impecable, comezaron vencendo con claridade ao Atios por 4-0, pero o 2-1 ante o Vilariño foi máis complicado e tras o empate a 0 ante o Colexio Hogar conseguiron chegar á final, onde lograron a vitoria por 3-0.
Impecable tamén foi a participación do Cadete, que se clasificou para a final tras as vitorias ante Balaídos e Vilariño por 2-0 e 4-0 respectivamente.
Na final ante o Erizana, moita emoción, un penalti no último minuto do partido permitiu ao Erizana empatarnos 2-2, o que deu lugar a unha tanda de penaltis, onde o noso porteiro Rubén salvando dous penaltis foi determinante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario