R. Castrelos 4 - PREBENXAMÍN 6:
Triunfo dos nosos prebenxamíns ante o líder na sua casa por 4-6, Grandísima
actuación na fase de ascenso na que finalizan no 4º posto:
R. Castrelos 1 - BENXAMÍN A 0:
Hoxe no Monte da Mina competiron na última xornada o Racing de Castrelos e o Arenas de Alcabre polo primeiro posto da fase de ascenso.
Non puido ser a pesar do gran esforzo e partido realizado polo noso equipo, o encontro rematou cun axustado 1-0. No rendemento do equipo notáronse erros que nos penalizaron e algunhas baixas importantes.
Magnífica temporada CRACKS!!!
Goián F.C. 0 - ALEVÍN B 0:
Partido dominado en todo momento polo noso equipo, evitando que o rival tivese máis dunha ocasión.Pero ás veces o dominio non abonda, xa que o equipo foi negado diante da portería, tras un poste e un balón salvado baixo a liña que o árbitro non deu gol,remata unha Liga que foi de menos a máis, na que se demostrou máis xogo que resultado.
R. Castrelos 3 - ALEVÍN A 4:
Espectacular partido do Alevín A, sobre todo no primeiro tempo, vitoria por 3-4 ante o Racing de Castrelos no seu campo, que permite adiantarlle na clasificación da Fase de Ascenso. Magnífico 4º lugar final. Gran fase de ascenso!!!
U.D Atios B 1 - INFANTIL B 1:
O Infantil B comezou hoxe en Atios a súa participación na Copa Delegación. Nun partido moi disputado, un gol de Daniel no minuto 53 conseguiu igualar o gol inicial do Atios marcado nos primeiros minutos do encontro. Empate co que se chegou ao final despois de que o noso equipo fallara numerosas ocasións claras de gol.
INFANTIL A 3 - S.D. Ponteareas 2 :
O partido comezou uns 30 minutos de retraso, e a tensión foi palpable tanto na bancada como no terreo de xogo.
O partido comezou con moita intensidade por parte dos dous equipos.
O Arenas de
Alcabre comezou a tentar tocar o balón pero axiña se notou o longo xogo do
equipo visitante.
Ao redor do
minuto 7, produciuse unha xogada bastante polémica, Arenas arremeteu contra o
fondo e fixo un centro raso á área na que parecía saír o balón, todos quedaron
parados, e de súpeto o central colleu o balón coa man, e o o árbitro indicou a
pena máxima, para asombro de todos.
Ali continuou a
disparar, e gooooollll, polo lado esquerdo do tirador.
O resto da
primeira metade non brillou pola cantidade de ocasións senón pola intensidade
do partido.
No minuto 35
sinálase unha falta a favor do equipo local, e Raúl procedeu a saque ao rival,
e o colexiado mostrou dubidoso cartón amarelo a Raúl pola acción, ante o enfado
da bancada local.
Remata así unha disputada primeira parte.
Na segunda
metade foi o conxunto visitante o que saíu con maior intensidade, facendo que o
encontro levase o seu estilo de xogo, no que foron algo superiores.
Pasados os primeiros 20 minutos disputados, no minuto 62 o central local saíu a un balón dividido, deixando a súa marca á que chegaba o balón e nun un contra un meteu o balón á rede (Gol de Alex ).
Aos poucos
minutos produciuse unha xogada perigosa a favor dos arenas que atacan pola
banda dereita, centran o balón e só entra na segunda liña Daniel Granados, que
cun gran saque cruzado conseguiu poñer de novo a arenas por diante.
Tan só pasan 2
minutos e salta a sorpresa, un disparo lonxano do Ponteareas é despexado polo
porteiro Adrián, que o deixa na área, onde chegaba Jairo e rematou, facendo o
2-2 a falta de 8 minutos de xogo.
Tan só un
minuto despois, outra xogada polémica na que, tras un ataque do Ponteareas pola
banda esquerda, Raúl ve o 2 amarelo.
Minuto 75 hai
unha falta no campo areense, Nico Bastos remata nun potente centro cara á
portería, e tras un falso tiro de Daniel Granados que engana ao porteiro
visitante, prodúcese o definitivo triunfo por 3-2 Arenas, contra un gran rival
visitante, que puido merecer máis.
Alertanavia B 1 CADETE 2:
Mañan soleada en Navia onde se enfrentaban Alerta e Arenas en categoria Cadete, Partido que non pasará á historia xa que os dous equipos estaban aínda despertando do madrugón que se deron.
Comenzou o partido e o Alerta saíu máis asentado no campo e froito diso adiantáronse no marcador logo dunha vaselina. O Arenas pouco a pouco foi despertando e facendose co control do partido e foi capaz de empatar e logo poñerse por diante no marcador gracias ós goles de Claudio Cabana e Mario Negrete.
A segunda mitade foi un querer e non poder de ambos equipos sen apenas ocasions por ningún equipo e asi chegouse á conclusion do partido.
Alertanavia B 3 - XUVENIL B 1
Derbi copero entre o Alerta e o Juvenil B no que o Alerta
saiu mais forte e foi mellor que nos no primeiro tempo no que Peña facia o 1-0
no minuto 4, e nos custou reaccionar, ainda asi Temu mandou un balon ao
traveseiro e tivemos dous man a man co porteiro do Alerta . No 34 Javier
Fernandez conseguia o 2-0 mentres nos empezabamos a reaccionar. No segundo
tempo empezamos a controlar as entradas por banda do Alerta e tuvemos que facer
cambios obligados por lesion. nunha contra o Alerta facia o 3-0 e 2 minutos
despois Martin marcaba o 3-1 de volea. dominamos ata o final sin premio. Ao
final foron expulsados Roi polo Arenas e Diego polo Alerta por agresion mutua, que provocou o final do partido unha liorta que se resolveu de inmediato. Queda traballar duro para apurar as opcions que nos
quedan para clasificarnos.
Goián F.C. 3 - XUVENIL A 4
Sin complexos. Final de infarto.
Segunda xornada do Grupo 3 polo ascenso do noso Xuvenil A. Campo do Regatiño en Goián.
Con este resultado a clasificación no grupo aprétase e deixa aberta a loita polo ascenso.
Sin complexos polas baixas para o partido desta xornada. O cadro técnico soubo resolver a ecuación e despexar as incógnitas.
Partido moi serio en todo o campo. Centrados e currando de principio a fin. Adiantámonos na primera parte deixamos pasar alguna ocasión clara para controlar o partido. No inicio do segundo tempo empata o Goián. E aquí comeza de novo o partido, pero nesta ocasión é o equipo local o que se adianta cun soberbio gol de falta.
Os Edus xa moveran o equipo dende o banquiño e pouco despois chega o empate a 2.
E xa os minutos de infarto cos dous equipos buscando a Victoria. Sete minutos vibrantes logo de 85 de traballo duro que coa calor da tarde fixéronse interminables.
Se no inicio de partido foi Dani quen marcou e no 70' foi Pablo quen acadou o empate, no 87 foi Anxo quen nos puxo por diante.
Pero dous penaltis no 89' para o Goián e no 90+3' para o Arenas (Diuma) aínda fixeron deste encontro que se lembre como o da constancia e as gañas de buscar a victoria case sen tempo e con moita cabeza.
Aupa Arenasssss!
No hay comentarios:
Publicar un comentario