sábado, 2 de noviembre de 2019

#OMagostoDoArenas


MAGOSTO 2019
CIRCULAR 04-11-2019
ARENAS DE ALCABRE
SOCIEDADE CULTURAL E DEPORTIVA
Convida a todos os nenos e nenas do clube a participar dun
MAGOSTO o Domingo 17 de novembro a partir das 17.30h
Onde? No campo de Ameixeira en Alcabre
Polo San Martiño chega o Magosto, festa tradicional de exaltación da castaña. No Magosto ásanse castañas, báilase e realízanse xogos populares.
O magosto non é magosto se quen participa del non se mancha a cara cos restos de asar as castañas logo do remate da festa.
Por todo isto nós imos preparar un MAGOSTO que axude a levar da man a tradición popular e o deporte.
CASTAÑAS E XOGOS POPULARES, ESTA É A NOSA PROPOSTA!
Velaí algúns refráns tradicionais que nos falan do San Martiño .
Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño
No día de San Martiño, abilla o teu viño
Castañas, noces e viño fan a ledicia do San Martiño
O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño
Despois de San Martiño vén o inverno de camiño
O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño
A todo porquiño chégalle o seu San Martiño
No San Martiño trompos ao camiño



NOS ENLACES QUE VOS FACILITAMOS PODEDES ATOPAR ALGUNHAS RECEITAS COA CASTAÑA COMO INGREDIENTE
ACTIVIDADES:
·        Cantina aberta para os adultos
·        Castañas gratis para todos os asistentes
·        Bebida e Choripans gratis para os xogadores do club
·    Os xogadores podran participar na plantación de arbores autóctonas para donar a comunidade de montes


LEMBRA:MAGOSTO O DOMINGO 17 DE NOVEMBRO ÁS 17.30H
ONDE? NO CAMPO DE AMEIXEIRA EN ALCABRE

No hay comentarios:

Publicar un comentario