domingo, 14 de abril de 2024

O Arenas en Xogo

 

A noticia da xornada sen dúbida foi o ascenso logrado polo Cadete A cando aínda faltan catro xornadas por disputar. Ese era o obxectivo marcado por este equipazo, os seus xogadores, corpo técnico e afección. Parabéns!!!!! e agora a por o Título de Liga.

Partido moi físico do Prebenxamín B contra un rival con nenos moi grandes nun día de moita calor pero que con loita e ilusión sacamos adiante. Resaltar o gran partido de Alai, Leo e Isaac dos Minis que fixeron que non se notase a diferenza física. Agradecer á U.D. Mos polo gran trato recibido, sempre é un pracer xogar en As Baloutas.

 

Bo partido do Prebenxamín A Onde fíxose todo para gañar encerrando ao equipo contrario nos seus tres cuartos de campo, con moitas ocasións de gol que neste partido non puidemos marcar, sen dúbida mérito tamén do equipo contrario e a súa intensidade en defensa. O Primeiro cuarto perdeuse ao encaixar gol no único tiro do equipo contrario. O vindeiro sábado partido super importante onde gañando  este equipazo será  primeiro desta fase. Super orgullosos destes nenos.

 


Primeira parte do Benxamín C con dominio absoluto do xogo e cunha soa xogada de perigo en contra que liquidou Héctor cunha moi boa parada. Na segunda metade nivelouse  e empátannos nos últimos minutos onde nos pesou o cansazo pola calor. Gol de Leo e partidazo de todo o equipo.
 

O resultado non reflicte realmente  o que pasou no  partido do Benxamín B. Primeira parte completamente nosa na que fallamos varias ocasións moi claras e eles nunha que  teñen, aprovéitana. Na Segunda metade empezamos mal, con moita perda de balón no que nos meteron o segundo, a partir dominio dominio absoluto noso desaproveitando novamente varias ocasións de gol e a pesar dese dominio,  encaixamos o terceiro gol. Unha pena e a seguir.


 

Partido  do Benxamín A onde fomos superiores por xogo pero non se demostrou totalmente, bo traballo do equipo e esta vez conseguimos marcar varias ocasións que ultimamente non estabamos a ser capaces de finalizar. Goles de Diego (2), Fabio, Gael e Gesto.

 

Partido moi serio do Alevín B, sendo solidarios e tendo en conta que xogamos sen o porteiro titular  quedando unha xogadora, Valeria, que fixo un partidazo dando moita seguridade aos compañeiros. Moi orgullosos do equipo, a seguir sumando..

 

Moito mérito o dos xogadores do Alevín A polo partidazo que xogaron en Mondariz ás 17:00 da tarde con moitísimo calor. Fixeron moi bo partido con moita intensidade non deixando que os contrarios combinasen, anticipándose e chegando moi ben arriba.

 

Partido moi difícil do Infantil B contra o segundo clasificado e transo superado cun 8-1 en contra.

Bo partido do Infantil A ante un rival da parte baixa da táboa, xogando moi serios e con fases de moi bo fútbol, no que todo o persoal puido gozar de minutos. Os goles foron de Pablo (3), Samuel Rodríguez e Joel. A nota negativa é a lesión de Aarón que tivo que saír do campo aos poucos minutos. En principio non parece grave e esperamos boas noticias. Tres puntos máis e a seguir gozando da gran tempada.

 

Finaliza o Tourmalet do Cadete B cunha forte goleada, estas xornadas que quedan de Liga serán moito máis levadías.

O peor partido en moito tempo do Xuvenil B e do Arenas. Sen alma nin actitude, non demos tres pases seguidos e non fomos capaces de tirar a porta en todo o partido xogando contra o último clasificado que en 25 partidos tiñan só 1 punto, 15 goles a favor e 162 en contra. Moi preocupante, difícil de explicar e xustificar.

 

Partido moi sufrido e crucial o do Xuvenil A, onde logramos gañalo no ultimo minuto grazas a unha espectacular falta lanzada por Santi Bahamonde. O partido arrincou segundo o plan previsto e froito diso adiantámonos co gol de Claudio, a partir de aí no canto de ter o temple do partido quixemos meter xa o segundo e atacabamos sen control, deixando a eles que nos fixesen contras perigosas e froito dunha desas contras acabou en penalti co que conseguiron o empate  co que fomos ao descanso. Na segunda metade, saímos aínda máis enchufados coa  entrada dos dous cadetes en banda que revolucionaron o partido, froito diso fixéronlle un penalti a Claudio que transformou Fredo poñendo o 1-2 no marcador, a partir de aí e coa entrada de Bade en punta fixémonos co control do xogo xerando moitísimas ocasións para matar o partido pero o noso este ano non é meter goles e o que perdoa a paga, nunha contra empátannos o partido pero o equipo está vez quería gañar e non se rendeu e onde outras veces a sorte non estivo da nosa parte, hoxe botounos unha man e tras unha falta clara ao bordo da área,  Santi Bahamonde destapou o tarro de esencias e cravouna pola escuadra, pitando  o arbitro o final do partido. Enorme o traballo do equipo e espectacular a actuación de André e Rubén do Cadete A. Seguimos pelexando
 

 


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario