domingo, 21 de enero de 2024

O Arenas en Xogo

Esta fin de semana non houbo xornada de Liga para os equipos de fútbol 8.

Derrota pola mínima do Infantil B ante un equipo da nosa liga que con esta vitoria nos adianta na clasificación.

Último partido da primeira volta do Infantil A e a pesar do marcador, un gran partido do noso equipo. Primeira parte xogando cara a cara contra o colíder da categoría e claro aspirante ao ascenso á Liga Galega, fomos moi superiores no xogo e con máis e mellores ocasións de gol pero o fútbol ás veces non é xusto e con unha falta afastada sen aparente perigo e un penalti totalmente inxusto propiciou o descanso co 0-2. A segunda metade, coa confianza intacta para lograr a remontada, comezamos moi ben pero dous golpes máis de Jurgen, o gran xogador que ten o Ponteareas, fixeron imposible a remontada. O rival, cun xogo absolutamente directo dende a portería e dende o minuto un, totalmente contrario á nosa filosofía futbolística buscando a única pero eficaz alternativa que teñen co balón longo cara ao mellor xogador da Liga, foi marcando goles e marcando o diferenza. Nós, fieis ao noso fútbol e a pesar do resultado, demostramos no campo o bonito que é o fútbol xogando o balón todos xuntos e tendo claras ocasións que non puidemos concretar máis que nas 2 ocasións que o lograron Pablo e Vicente. Os rapaces o deron todo, xogaron moito mellor pero este deporte non sempre é xusto cos que mellor o fan. Só felicitar aos xogadores polo traballo realizado e animalos a seguir así.

 

Partido trampa para o Cadete B ante un equipo inferior no que nos custaba marcar o primeiro gol nunha primeira metade que xogamos con xogadores menos habituais. Ao descanso fixemos algún cambio e en 5 minutos xa íamos gañando 3-0 co que rematou o partido, o resto xogabamos a pouco ritmo marcado polo rival. Comezando ben o ano e rematando mellor a primeira volta. Goles de Nacho, Nico e Quiroga.

 

Impresións do partido por parte do Cadro Técnico e o Capitán despois da abafadora vitoria do Cadete A por 11-0 ante un dos equipos da parte baixa da táboa. Tres puntos máis sumados á derrota do Chapela amplía a distancia co segundo clasificado, que agora pasa a ser o C.D. A Guía.


Minuto de silencio polo pasamento da avoa de Harold xogador do Xuvenil B
 

Partido moi disputado polo Xuvenil B onde o marcador non reflicte o visto no campo. Na primeira metade xogamos o partido de tia ti contra o 2º clasificado e puidemos ir ao descanso cun 2-0 despois un cara a cara fallido co porteiro e un tiro contra o pau. Na segunda metade seguimos plantandolles cara con eles pero no último terzo do partido empezaron a caer as forzas e no minuto 60 marcaron o primeiro gol, recuperamos o golpe pero no minuto 68 encaixamos o segundo e iso foi o final de todo, despois nos últimos 5 minutos encaixamos 3 goles máis. Moi bo partido dos rapaces, pouco a pouco van mellorando e na segunda volta seguro que o van pasar máis ben que na primeira.

 

A crónica da vitoria do Xuvenil A facilitada polo noso enviado Especial:




 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario