domingo, 15 de octubre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Inicio  de temporada moi sufrido para o Prebenxamín B. Nenos novos nunca categoría incipiente. Con toda a vida futbolera por díante, sentar as bases é o mais importante, mais alá dos resultados. Ánimo rapaces estamos orgullosos de vos. Faremos un esforzo para que pouco a pouco collan a práctica, a técnica e o posicionamento. Serán os alicerces que permitirán a evolución tanto individual como de equipo. Os inicios sempre son difíciles. Hai que darlle tempo.

Primeira vitoria da tempada do Prebenxamín A despois de 3 xornadas disputadas e mellorando semana tras semana.

 

O Benxamín C despois de sufrir a apisonadora do R.C. Celta, conseguiu nesta xornada a vitoria. Para seguir mellorando.

 


Moi bo partido do Benxamín B ante un rival débil.

 

O partido do Benxamín A foi moi disputado, demostrando por qué os dous equipos lideraban a clasificación, e onde tras remontar o 0-2 por dúas xogadas desafortunadas, nos últimos 10 minutos dous goles conseguidos polo La Guia con dous golpeos lonxanos desequilibraron o marcador e un máis deixouno no marcador. final 2-5. Gael e Diego foron os goleadores.

 


 Moi bo partido do Alevín B, moi disputado e mantendo a mellora.

 

Moi bo partido do Alevín A ante outro equipo que ata hoxe contaba tamén os seus partidos como vitorias, e que no descanso iamos perdendo 1-2 pero eles fixeron un gran esforzo e xogaron moi ben o balón dende atrás, a remontada conseguiuse e continuan do mesmo xeito a cabeza da táboa de clasificación.

 

Primeira vitoria na liga do Infantil B nun encontro moi complicado para nós xa que aos 10 minutos o equipo ía perdendo 0-2 por dous remates desde fóra da área nos que Leo non puido facer nada. O equipo recuperouse e seguiu xerando ocasións de gol, de penalti fixemos o 1-2 e con ese resultado pasamos ao descanso. Na segunda metade aumentamos a intensidade en defensa e aproveitando a velocidade dos nosos dianteiros conseguimos remontar o partido ate o 5-2. No último minuto encaixamos o gol do 5-3 final. Gran vitoria que reforza o traballo destes rapaces dende o inicio da tempada. Goles de Dani (2) Hugo, Pablo e Iker.

 

Outro partido duro do Infantil A nesta complicada Primeira Autonómica. Moi igualado e disputado no que os dous equipos fixeron un esforzo brutal. Primeira parte ben xogada na que imos ao descanso con vantaxe de 0-1 grazas o gol de Roque no minuto 22, e cunhas claras ocasións erradas que nos darían máis tranquilidade. A segunda metade foi moi física para os dous equipos e as ocasións de gol repetíronse nas dúas porterías ata chegar ao empate 1-1. A falta de 10 minutos o encontro volveuse tolo e descontrolado, e converteuse nunha loita aberta entre os dous equipos, intentando o mellor e pouco a pouco perdendo forzas. Habería ocasións por ambos os bandos, pero o marcador non se moveu do 1-1.
 

 

O do Cadete B foi un partido de ida e volta no que podía gañar calquera, con moitos erros por ambas partes, pero fomos máis fortes que outras veces en defensa e iso influíu moito. O gol de Quiroga en xogada persoal no minuto 70 selou o encontro.

 

O Cadete A segue contando os seus partidos con vitorias e na parte alta da táboa. 4-2 triunfo máis complicado e pelexado do esperado.

Outro partido desastroso do Xuvenil B. Xuntos TODOS temos que levantar isto. Animo!!!



O Xuvenil A comezou o partido dominando con claridade e tras crear dúas ocasións de gol moi claras, entrou nun estado de suficiencia no que parecía un partido doado que fixo que o Vila do Corpus comezase a crear perigo para nós. Na segunda metade comezamos igual que a primeira pero aí marcamos por medio de Claudio e o partido foi máis cómodo, pouco despois  Bade marcou o segundo e con esa clara vantaxe, eles atacaron desesperadamente e sen control o que nos facilitou poder  defender o resultado.








 

No hay comentarios:

Publicar un comentario