sábado, 16 de septiembre de 2023

O Arenas en Xogo

 

Debut na casa nesta Liga do Infantil A, sendo moi superior ao rival, e aproveitando cando o partido estaba pechado para poñer a proba aos xogadores en diversas posicións. Bo resultado e a seguir traballando.Pablo Verdera e Iago con dous cada un, Aarón, Nico Vázquez e David foron os goleadores.

Partido ben xogado polo Xuvenil B ata a expulsión dun dos nosos xogadores e que, como a xornada anterior, tiveron que xogar en desvantaxe. Partido moi condicionado pola discutible actuación arbitral.

 

Primeira parte moi débil do Xuvenil A, sen intensidade, non fomos capaces de elaborar nada, pases sen sentido e aínda así co mal que o fixemos chegamos vivos ao descanso cun 0-1 en contra. Despois da charla onde se expuxeron todos os problemas e posibles solucións, na segunda metade superámolos aínda que o Balaídos ampliou a vantaxe marcando o segundo gol; cos goles de Pedro e Claudio (cun golazo olímpico) conseguiuse o empate pero ao final merecemos máis. Toca seguir remando porque isto acaba de comezar.

 

O resto de equipos seguen disputando partidos amigables de Pretemporada:

O Prebenxamín tivo dificultades para enfrontarse a un rival moi superior con xogadores máis grandes e fortes, a pesar do resultado de 10-1, intentou facelo o mellor posible

O Benxamín A xogou un partido ante o Nieto con xogo e dominio semellante ao do Alevín A, partido para probar as cousas e poñer condicións para marcar un gol os rapaces. Resultado final 1-8.

Moi bo partido do Alevín B que segue mellorando. Os xogadores do Sta.Mariña foron máis fortes e xogaron boa parte do partido cun xogo moi agresivo, que lles fixo levar o partido por 7-3. Moi contentos coa forza de este equipazo.

O Alevín A dominou claramente o Nieto como reflicte o resultado final de 0-13. Probando e cambiando as posicións dos rapaces a partir do minuto 8 onde o resultado xa era de 0-7.

Partido para esquecerse do Infantil B o que xogaron en Castrelos. Primeira metade con vento en contra, non soubemos xogar e entramos ao descanso 3-0.Faltounos intensidade e ganas durante todo o partido. Resultado final 4-1. Temos que seguir traballando.

Partido no que o Cadete B comezou débil pero mellorou a medida que avanzaba o encontro tanto en actitude como en desgaste dos rapaces; ao descanso o 0-0, con moitos cambios na reanudación que inicialmente se notaron de forma negativa e o Castrelos aproveitou para adiantarse no marcador. Os dous goles da remontada chegaron a falta de 12 minutos case seguidos por Gabriel Quintana, que é o porteiro do equipo, e hoxe xogou de forma espectacular como dianteiro; actitude, sacrificio e non rendirse nos seus 10 minutos como xogador e 2 goles. Boas perspectivas antes do comezo da Liga a vindeira semana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario