domingo, 10 de septiembre de 2023

O Arenas en Xogo

Esta fin de semana comezou a competición de Liga para os nosos equipos de Primeira Autonómica, Infantil A e Xuvenil A, e para o Xuvenil B encadrado no Grupo 2 da Segunda Local.

O Infantil A comezou cunha derrota pola mínima en Atios, onde o conxunto local chegou unha vez e marcou o gol da vitoria pouco despois de comezar o encontro, o posterior dominio do noso equipo, con moitas ocasións que non se concretaron, non moveu o marcador. Próxima xornada en Navia ante o Gondomar.

 
Moi bo partido do Xuvenil B ata o minuto 75 e co 3-3 no marcador, un dos nosos xogadores foi expulsado por dobre amarela case seguidas e tamén tres lesionados, onde o partido foise ata o definitivo 6-3. Martín, Joel e Mario foron os autores dos goles neste partido ben disputado polo noso equipo.


Gran partido do Xuvenil A na primeira metade onde fomos moi superiores. Os goles de Claudio, Badegelegn e Iago colócaronnos cun claro 0-3 no marcador. Na segunda metade, o R. Pereiró co seu físico púxonos en dificultades pero soubemos aguantar a presión e un gol de Santiago Bahamonde completou a vitoria e a consecución dos 3 primeiros puntos.

O resto dos equipos disputaron partidos amigables:
O Benxamín B gañou 1-4 en Gondomar nun bo partido dos rapaces, que superaron con ganas o 1-0 en contra inicial.


O Benxamín A venceu por 1-9 ao Gondomar nunha primeira metade excelente, case perfecta; na segunda probamos cousas novas e deixámonos levar ante un rival inferior. Moi bo traballo de todo o equipo, sobre todo co balón. Moi bo comezo de cara a temporada que ven.


O Alevin B nun partido moi bonito e con alternativas gañou o Gondomar B por 2-3; unha primeira metade na que comezamos os primeiros minutos moi nerviosos no que foi o primeiro partido para moitos xogadores novos, pero a segunda parte foi espectacular. Todoo equipo  moi ben, destacando a impresionante defensa formada por Daniela, Lorena e Valeria. A seguir traballando, moi contentos con este grupo.


O Alevín A caeu derrotado ante o Gondomar A nun partido moi intenso, os contrarios puxeron unha presión alta e moi forte que aguantamos ata o 3-3, pero algúns erros custáronnos os goles que nos levaron ao definitivo 6-3, notouse. que isto acaba de comezar para nós.


Bo partido do Infantil B que gañaron 1-3 ante o Candeán B. Moi competido, sabendo sufrir e traballando ata o final.
Goles de Dani H, Dani Z e Gabriel.


O Cadete B venceu por 1-3 ao Rápido de Pereiró nunha primeira parte que saímos cun marcador de 0-3 ante un equipo bastante débil; Na segunda metade cun 11 moi diferente igualouse o partido, hai que adestrar moito para mellorar. Goles de Nacho, Quiroga e Nico.


Moi bo partido do Cadete A ante o Candeán B, cunha primeira metade moi boa que rematou 0-5, na segunda aflouxaron un pouco pero sempre competindo e tentando xogar. Bastante calor e unha boa proba para o inicio de tempada. Resultado final 1-7.





 


No hay comentarios:

Publicar un comentario