sábado, 26 de agosto de 2023

Seguimos coa Pretemporada

Fin de Semana 2 / 3 de Setembro:

Outra fin de semana con partidos e Torneos de Pretemporada dos nosos equipos de Fútbol 11.

Bo partido do Infantil B en Baiona ante o Erizana que rematou con vitoria por 1-2, sendo o resultado moi curto polas moitas ocasións que tivemos.

O Infantil A nun partido sen moita historia gañou o Gondomar B por 7.2.
Moitas cousas que traballar, pero se os nenos seguen con estas ganas e actitudes, todo será moito máis doado.
O Cadete B perdeu 5-0 co Rápido en Bouzas nun partido con moitos erros pola nosa parte e coa maioría dos xogadores de primeiro ano.
O Cadete A nun bo partido en liñas xerais e probando xente venceu 2-1 ante o C.D. Valladares, tras gañar por 2-0 en todo o partido, un fallo defensivo ao final de todo provocou o gol en contra.
Os dous xuvenís que se atopan na fase de formación de ambos equipos, un deles xogou un partido ante o Erizana en Baiona e que rematou cunha derrota por 4-2 nunha segunda parte mellor que a primeira, con moitas decisións arbitrais discutibles pero claramente debemos mellorar e así se fará; o outro Xuvenil xogou un Triangular no Campo da Xunqueira ante o Areosa e o Comesaña que rematou con dúas derrotas: 5-0 ante o Areosa e 3-0 ante o Comesaña.

 

 Fin de Semana: 26/27 Agosto

Fotos do Bo partido de preparación que disputou o Infantil A cun plantel incompleto ante o Rápido de Bouzas. Pezas e conceptos para encaixar, pero moi satisfeitos xa que eramos superiores e tivemos máis oportunidades.
O Cadete B tamén xogou un partiido que finalizou con derrota por 4-1 ante o Nieto, e o Cadete A que perdeu inxustamente 1-0 en Baiona ante o Erizana nun duro partido no que xogamos mellor e tivemos dous remates ao pao.


No hay comentarios:

Publicar un comentario