Xornada lúdica no Pahiño como peche de temporada. Entre as distintas actividades realizadas, celebrouse un Torneo con mezcla de xogadores de diferentes equipos e categorías enfrentados na disputa dun simbólico triunfo.
Como recoñemento para os ganadores do VI Trofeo Fragueiro, o noso Presidente de Honra que lles da nome fixo a entrega dos trofeos que foron nas distintas categorías:
Minis - Mateo Sanz
Prebenxamín - Diego Gesto
Benxamín A - Fabio Zanotto
Benxamím B - Anxo González
Alevín A - David Covelo
Alevín B - Daniel Zanotto
Infantil A - Aarón Castor
Infantil B - Bruno Asorei
Cadete A- Santi Fernández
Cadete B - Gabriel Martínez
Xuvenil A- Brais Ferreiro
Xuvenil B- Pedro Garreiro
E Víctor do Infantil A foi premiado como adestrador màis valorado este ano.
E tamén xornada emotiva para un grupo de xogadores sempre fieis ao Arenas de Alcabre dende a súa nenez:
Pablo Rodríguez Quintana, de Mini a Xuvenil 15 anos de clase e de liderazgo de 2005 a 2020. Logo de adestrador ensinando e transmitindo fútbol e alegría dende 2020, ata cando? nos desexamos que por moitos anos máis.
Brais Ferreiro Iglesias, de Mini a Xuvenil 16 anos entre 2007 e 2023. Baténdose con moitas defensas en ataque.
Noé Pazó Costas, de Mini a Xuvenil , 14 anos dende 2009 a 2023. Tapando a banda dereita coma un ferrote sen amilanarse e sempre disposto.
David González Comesaña, de Mini a Xuvenil, 14 anos de menos a mais dende 2009 a 2023. Despistando aos dianteiros rivais, dando forza e presencia á nosa zaga.
Telmo Fernández Domínguez, de Prebenxamín a Xuvenil, 12 anos disfrutando dende 2011 a 2023 por todas as posicións nas que a situación o requeríu.
Para todos eles o agradecemento por estar nos malos e nos bos momentos, pero sobre todo por estar. Por ter confiado no Arenas todos estés anos. Por axudar a facer crecer a este club.
E tamén para as súas familias por teren elixido ó Arenas de Alcabre.
E por suposto non puido faltar o típico partido entre adestradores do Arenas e país de xogadores: Calambres, tiróns e moito humor.
Sorteo de bolsas, bufandas, camisetas, balóns e un Xamón. Iso con moita presenza nas bancadas de familiares que deron un ambiente marabilloso e divertido á celebración.
GRAZAS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario