domingo, 11 de junio de 2023

Mágoa Infinita

 

Partido de volta na final polo ascenso a Primeira Autonómica Cadete entre a EDF Denis Suárez e o Arenas de Alcabre.

Partido tenso, reñido e cun ascenso en xogo. Os dous equipos gardaban a súa portería con mais tesón que buscar a contraria. Partido dos que quitan anos. Pero no que a animación e apoio dos Siareiros foi de 10. Dende a bancada non se parou de animar. Ahí tamén houbo partido. Eran os minutos nos que se decide o traballo de toda a temporada. E logo do tempo regulamentado e da prórroga non houbo ningún gol para celebrar. Os penaltys son unha ruleta rusa. Hai que estar aí para tiralos, coa presión que supón. NÓS fallamos dous e eles un. Non precisamos personalizar, non o debemos facer. Tamén lamentar a lesión de Claudio cun pómulo roto.


Ánimo rapaces sodes moi grandes.


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario