domingo, 4 de junio de 2023

Crónica da Xornada.

                              

O Cadete A disputou un partido espectacular ante o EF Denis Suárez na ida da Final da Fase de Ascenso á Primeira Autonómica.
Cunha afección impresionante que non parou de animar nin nos peores momentos, cando no minuto 35 do primeiro tempo o Denis Suárez fixo o 0-3 no marcador, aproveitando a súa fortaleza no xogo longo e directo. Todo cambiou na segunda metade cunha perfecta comuñón entre o equipazo e a  AFECCIOOOOOOOON, os goles de Izan no minuto 60, Santi Fernández no 70 e Claudio no 76 levaron o delirio á bancada e o empate ao marcador, deixando a Final completamente aberta. Quedan 80 minutos máis o desconto. Estamos ahí, no momento decisivo. Falta o derradeiro pulo!.....e a ​​GRAN AFECCIOOOOOOOON daránolo empurrón necesario.


 

 

A aventura na Copa de Pres/Minis remata tras un gran partido cunha derrota por 4-6 ante o Val Miñor. Estamos moi orgullosos destes Cracks, aínda que acabamos cun sabor agridoce xa que a sorte non estivo do noso lado, pero aínda queda a Vigo Cup onde esperamos mostrar o noso mellor nivel.

O equipo Alevín xogou en Moledo un amigable que rematou con vitoria por 3-4. Aproveitando que tiñamos de porteiro a Mateo que nos deu boa saida de balón, aínda que non sempre se conseguiu, pero intentamos non xogar os balóns longos. Xeramos xogadas polas bandas cun bo traballo no medio do campo. O Moledo ten un xogador de disparo brutal, pegouno seco e moi forte, que marcou o primeiro gol cun pelotazo case dende o medio campo. Alex, Sergio e Hugo con 2 foron os autores dos goles. 

O Infantil A disputou en Bouzas un Triangular amigable ante dous grandes equipos da Liga Galega: o Rápido de Bouzas A e o CD Choco. E como ao longo de toda a tempada o noso equipazo afrontou dous partidos moi serios e duros, e conseguiu resolvelos da mellor maneira convertendo ao Arenas no mellor dos tres.
Bouzas A 0-1 Infantil A
Choco 1-1 Infantil A
Bouzas A 2-0 Choco
Grandes rapaces!!!!





                


No hay comentarios:

Publicar un comentario