sábado, 27 de mayo de 2023

O Arenas en Xogo

 

Gol de Santi que sentenciaba o partido de volta do Cadete A na semifinal da Fase de Ascenso.

O Cadete A clasificouse para a Final da Fase de Ascenso a Primeira tras derrotar tamén na volta por 0-2 ao C. Victoria con goles de Mario e Santi Fdez. Partido o de hoxe no que tivemos que sufrir, principalmente na primeira parte, e sufrimos coma sempre, arriscando todo o que estabamos arriscando. A final será ante un equipo moi difícil como e o Dennis Suárez pero este gran equipo que temos loitará e porán todo o seu esforzo por este ascenso que merecen. Agradecemento especial para toda a afición, xogadores de outras categorías, adestradores que animaron sen parar todo o encontro.
Quedan dous partidos. Animo!!!!!

 

O Prebenxamín despois de clasificarse para cuartos de final

Comezamos o partido un pouco desconectados, e en menos de 10 minutos íamos perdendo 2-0, pero unha vez que espertamos o equipo reaccionou e comezamos a tocar o balón con algún que outro disparo desde atrás que acabou na área rival. Despois de varias ocasións chegou o 2-1 por parte de Gesto, tras unha moi boa xogada.
Antes do descanso, o Coruxo marcaría un gran gol desde un disparo moi afastado.
Na segunda metade tempo cambiamos radicalmente e os pequenos saíron a dalo todo, facendo o 3-2 cun gol tras un ensaiado córner.
O equipo seguiu pelexando e conseguiu o 3-3 cun gol de Marcos tras unha boa xogada.
E a falta de 3 minutos co equipo dominando, tras un roubo do balón e tras un pase de Marcos á banda, meteu un bo centro que Gesto rematou entrando por detrás, culminando un gran partido ante un equipo que rematou 5º na liga e no seu campo.

Partido amigable do Alevin B ante o Candeán, equipo que este ano xogou en Primeira División. Custounos saír co balón por detrás xa que o rival presionounos en todo momento e con maior intensidade que a nosa. Aínda así, intentamos mostrar a nosa cara en todo momento.
Un partido no que o resultado non importa e o que importa é a imaxe do club, o traballo que se fai cos nenos durante a semana nos adestramentos e que se reflicte no campo na fin de semana.
Destacar o xogo de Mateo con moi boas paradas e o gol de Álvaro.

 

Gran partido do noso Alevín A a pesar das numerosas baixas no encontro de oitavos de final da Copa. Unha primeira parte na que nos quedamos durmidos en defensa e propiciamos un 0-2 moi rápido, pero reaccionamos moi ben cun gran gol de Martín (Benxamín B) pero xusto antes do descanso fixeron o 1-3 cun gol moi afortunado que pasou por debaixo das pernas ao noso porteiro, pero despois Hugo compensouno e ía ser o gran protagonista de todo o partido cunhas paradas impresionantes. Na segunda metade pechamos diferenzas cun gol de Álex, tomamos por completo o control do partido ante a desesperación do rival que só puido aguantar o partido con certa dureza. Nos últimos minutos Alex mandaría unha falta ao poste. Lamentablemente estamos eliminados pero demos un recital ante un equipo que pelexou a fase de ascenso.

Gran partido de Oitavos da Copa o disputado polo Infantil A o pasado xoves ante un equipo que disputa a fase de ascenso á Liga Galega. Gañando cun gol de Miguel Martín ata que a falta de 3 minutos o Coruxo logrou o empate. Nunha polémica quenda de penaltis, un fallo no último supuxo a derrota por 5-4. Excepcional final de tempada Oficial contra un gran equipo. Foi unha mágoa pero estes rapaces son ENORMES.

Paralelamente, esta fin de semana disputaron un partido, aínda que amigable, no que se enfrontaron ao Colexio Hogar, un equipo solvente e forte que rematou na 5ª posición da Liga Galega. Os rapaces fixeron un xogo excepcional en todos os sentidos, xogando un contra un, intentando o mellor posible e neutralizando a forza do rival coa calidade e sutileza que teñen os nosos. Por todo iso, conseguimos poñer o definitivo 2-2, que para o noso equipo serviu para quitarlle a espiña da copa, coa nosa eliminación polémica ante outro gran rival.
Orgullosos deste grupo, capaz de facernos soñar.


 

O Xuvenil A disputou o pasado mércores a eliminatoria de Copa ante o Balaídos que rematou cunha derrota por 3-1, o que supón a eliminación nesta Competición e o final de tempada para o equipo que, con moitas dificultades, logrou o fito de manter a categoría de Primeira Autonómica. Alfredo foi o autor do gol.


 








No hay comentarios:

Publicar un comentario