domingo, 14 de mayo de 2023

O Arenas en Xogo

 

Partido do Prebenxamín ante o Alertanavia no que dominamos de principio a fin, os primeiros minutos tivemos moitas ocasións que non logramos concretar pero tras varios intentos fallidos os goles comezaron a caer. Na segunda metade houbo máis minutos para os máis pequenos que seguiron dándoo todo. Un gran partido ante un equipo que nunca se rendeu. Resultado final, vitoria 8-1.

A vitoria do Benxamín B ante o R. Castrelos C por 3-0 permítelle liderar a clasificación do grupo cando se disputan dúas xornadas no Torneo de Copa. Moi bo partido de equipo ante un bo rival con moitas alternativas, un gran partido de todo o equipo, destacando a actuación simplemente maxistral de Anxo. Goles de Martín, Gabriel cun bo tiro dende fóra da área e Hugo de penalti, suma e segue con moita ilusión


 

Derrota do Benxamín A ante o favorito para liderar este grupo a pesar do bo xogo e a loita dos nosos.

 

Segundo partido da Copa do Alevín B e outra derrota que nos deixa sen opción. Mellor estivo o Castrelos no encontro, dominou na primeira parte e nunha segunda xogada dende un córner subiu o 0-1. Tralo descanso o equipo foise arriba buscando o empate e dominou os primeiros dez minutos, pero o Castrelos nun contragolpe, marcou o 0-2 definitivo.


Partido moi serio do Alevín A onde soubo atacar e aproveitar os puntos débiles do rival. Segunda vitoria na competición copeira que lles permite liderar o grupo. Luis con 2, Vicente, Covelo e Isaac foron os goleadores.



Gran gol de Pablo Alonso tras unha gran xogada dende o medio campo.
Moi boa primeira vez do Infantil B. Entramos ao descanso perdendo 2-0 pero tendo tres ocasións claras de gol. Poderíamos pensar na remontada. Pero... nos primeiros cinco minutos da segunda metade quedamos sen lateral, por molestias físicas e sen dianteiro por alerxias. Tivemos que reorganizar o equipo e quedamos sen medio e co partido totalmente descontrolado. Pasáronnos e marcaron 9 goles máis.
Despois de falar cos laterais, decidimos reorganizar o equipo como ao principio e volveron as ocasións e o gol.


Moi bo partido do Infantil A onde chegou o descanso con 0-0 tras fallar dúas ocasións de gol moi claras. Na segunda metade, o Victoria adiantaríase aproveitando dous córners. Partido moi traballado e onde se pode ver o traballo dos seus 3 grandes adestradores. Parabéns pola gran tempada en PRIMEIRA.



Bo partido do Cadete B, empatado 0-0 ata o minuto 30, aguantando ao C. Victoria, que comezou a poñerse nervioso, xa que un empate en contra os deixaba fóra da fase de ascenso. Pero dende o primeiro gol encaixado conseguiron facerse co control do partido salvo os primeiros minutos da segunda metade.



Partido do Cadete A ante un C.Victoria B que o intentou, pero os despistes en defensa condenounos, unha primeira parte moi dispersa pola nosa parte a pesar de chegar 5-1 a favor ao descanso. Na segunda metade o equipo mellorou moito. Con este resultado, certificase a presenza na fase de ascenso a Primeira División. Terceira fase de ascenso en tres anos para Cristian no Arenas, aínda que vai ser moi difícil ascender, hai que traballar e loitar por iso, estamos seguros que o farán.

 

Último partido ligueiro do Xuvenil B ante o terceiro clasificado no que nunha primeira metade desastrosa pola nosa parte, permitiu que o C. Victoria se adiantase 0-2 e grazas á gran actuación do porteiro cadete, Mael, conseguiu que a diferenza non medrase máis. Un erro do seu central permitiulle a Chowter facer o 1-2 antes do descanso. Fixemos os 2 cambios que tiñamos, pero aos 15 minutos fan o 1-3. A partir de aí, á desesperada, xogando con 3 centrais (ninguno deles o era) volvemos ser o equipo de comezos de tempada con partidos tolos e unha gran actitude, conseguimos o empate. Pero no minuto 89 Iago Barreiro (que bo xogador, 4 goles para un total de 80 na liga) fíxonos o 3-4. No último arreón pola nosa parte, Chowter no 92, conseguiu un empate a 4 máis  que merecido no segundo tempo.

 

Ultimo partido de liga. Última decepción. Solo o obxectivo da permanencia xa practicamente acadado permite rematar a liga co deber cumplido. Partido de hoxe..... En Bouzas celebran a Brincadeira e o Rápido brincou a conta do Arenas. 0-4 ao descanso que se convertíu nun marcador que non se pudo revertir. 0-6 final . Nada mais que decir. Un resultado que reflicte o estado anímico nunha liga que se nos fixo longa e na que non fumos quen de coller unha racha boa. As lesións, as decisións técnicas, as ausencias e o caprichoso que é o fútbol son parámetros que non sempre se poden controlar. Aprenderemos dos erros

No hay comentarios:

Publicar un comentario