domingo, 12 de febrero de 2023

O Arenas en Xogo

 

O Prebenxamín tratou de plantar cara a un dos equipos da parte alta da táboa, o resultado final demostra que foi un bo partido.

 

 
 
Partido moi completo do Benxamín B, controlando o xogo durante case todo o partido, xerando moitas contras que o equipo contrario solucionou con entradas algo duras, e que o colexiado non soubo cortar, con moitas faltas que non pitaba. O gol do Nieves FC foi nun dos seus poucos achegamentos, e Adrián nun bo contragolpe logrou o empate a 1 co que finalizou o encontro, en xeral, orgullosos do equipazo. 

 

 Partido no que o Benxamín A comezou gañando 2-0, xogando moi ben pero en dous erros nosos  igualaron, e chegamos ao descanso con 3-2 no marcador. Partido moi igualado cunha actuación arbitral que non axudou a xogar ao fútbol. Os Goles foron de Rubén, Fabio, Guille e en propia meta dun xogador contrario insuficientes para lograr os tres puntos. Resultado Final 4-5.

 

Bo partido en liñas xerais do Alevín B. Comezamos marcando na primeira metade e mantendo o partido controlado ata chegar ao descanso.
Pero na segunda metade, dous erros custáronnos os dous goles que nos deixaron mal sabor de boca, tendo en conta como se desenvolveu o partido.
A falta de gol e os erros ás veces fan que sexa aínda máis difícil conseguir os tres puntos.

 

O partido do Alevín A complicouse coa baixa do SuperPorteiro titular. Bo partido con moitas chegadas a portería contraria pero, pola contra, só chegaron 4 veces que lamentablemente desembocaron en gol. Resístese a conseguir os 3 puntos.


O gol de Sergio no primeiro minuto de partido foi o inicio dunha moi boa primeira media hora para o Infantil B. Despois de encadear varios fallos seguidos, chegaron ao descanso co 1-3 no marcador. Tras a reanudación conseguíronse algúns chiscos de bo xogo no medio da desmoralización producida polos goles en contra. Pablo Alonso logrou o segundo gol. O equipo segue mellorando e cada día estamos máis preto de ver o resultado do bo traballo que están a facer os rapaces.


O partido do Infantil A estaba previsto que estivese igualado mirando á anterior táboa clasificatoria, pero o mal rendemento arbitral na aplicación do regulamento (prexudicando a todos) e os dous goles nos primeiros 13 minutos de partido da UD Mos, desvirtuaron o encontro. e esa igualdade teórica.

 

O Cadete B comezou gañando cun gran gol de Iker no minuto 4 de falta pola escuadra, pero tres fallos condenaron ao equipo, e este entrou nunha fase gris ante un moi bo equipo como e o E.D. Salvaterra que se fixo co control do partido, logrando un avultado marcador do 1-6, a pesar dos paradons do porteirazo Gabriel.


 

Outra vitoria moi importante do Cadete A ante un equipo como o Teis que tamén loita polo ascenso, dous goles de Rubén e Izan nos primeiros 5 minutos de partido permiten adiantar ao Teis na clasificación e acadar o segundo posto.



Moi bos primeiros 30 minutos o Xuvenil B onde se adiantou 1-0 gracias o gol de Iago Álvarez e puido ampliar comodamente esa vantaxe, pero chegou o empate e apagaronse as luces para que chegase ao descanso con 1-2 en contra. Na segunda metade, loitando contra o marcador, o partido desordenado con patadas e perdas de tempo que provocou unha prórroga de 14 minutos sen precedentes, conseguiron remontar o 3-2 definitivo con dous goles de Iago Frías. Destacar a actuación de Mael, porteiro do Cadete.



Os capitáns antes do partido
Hoxe o fútbol "e o árbitro" foron moi inxustos co Xuvenil A.  O Tomiño cun xogo directo e aproveitando as súas ocasións de gol lograron un avultado1-6 nun encontro no que os nosos adiantáronse no marcador cun gol de Hernán. Destacar que os nosos xogadores nunca se rendiron a pesar do resultado e seguirán loitando. Nun partido tan "claro" coma este, a arbitraxe é inadmisible. Xa son demasiadas as ocasións nas que se sofren malas arbitraxes, pero neste partido súmase un comportamento groseiro e arrogante, que acabou nun INCUMPLIMIENTO no procedemento de elaboración, redacción e lectura da acta por parte do árbitro que xerou un conflito innecesario, que para o árbitro non Significará ningún castigo (polo que seguirá arbitrando igual e facendo sufrir a outros equipos) pero seguramente para o noso delegado si.

No hay comentarios:

Publicar un comentario