domingo, 5 de febrero de 2023

O Arenas en Xogo

 O Prebenxamín fixo un gran partido ante un equipo como o Cultural Areas que contabilizou todos os partidos desta segunda fase como vitorias, pero os nosos fenómenos mereceron gañar:

 

Partidazo do Benxamín B con dominio absoluto, pero ás veces o fútbol é caprichoso, tres tiros do Vila do Corpus en todo o partido e en dous deles marcou gol. O primeiro nun barullo na área, e o segundo nun mal despexe co sol que cegou ao noso porteiro. Asedio total posterior, tiros aos postes, e nun despexe deles, Lorena cun espectacular zurdazo dende fóra da área logrou un auténtico golazo. Reiteramos, gran partido do Benxamín B:

Novo partido onde o Benxamín A volveu enfrontarse a un rival máis forte fisicamente. Incapaces de gañar o balón en case todo o partido aínda que houbo bos momentos. 2 goles de Fabio e os de Pedro e Diego fixeron posible a vitoria neste partido tan complicado:

O partido do Alevín B foi débil a pesares de que este equipo ten capacidade para facelo moito mellor.  O Louro adiantouse na primeira metade con dous remates desde fóra da área que xa puxeron o partido costa arriba. O 2-1 antes do descanso deu esperanzas de remontada, pero na segunda metade o balón non quixo entrar e cando buscabamos o empate, puxeron o 3-1 dende un córner.
Este equipazo vai seguir traballando duro:

Bo partido do Alevín A, fomos moito mellores e o resultado é moi enganoso. Os nosos xogadores traballaron moito e esforzárons pero dous erros de mal despexe de balón puxéronnos no 2-0, e na segunda parte non tivemos ocasión de remontar, a pesar de que estivemos pelexando ata o final. O gol de Antonio chegou tras unha moi boa xogada de Vicente que fixo un partido monumental, volvendo tolos aos centrais contrarios:

O Infantil B fixo un moi bo partido ante a E.D. Vigo 2015. O gol de Bruno no minuto 26 adiantounos no marcador e aguantou case todo o partido, pero dous goles en contra nos últimos 10 minutos, un de penalti e outro a saida dun córner, converteron este partidazo nunha pequena decepción:

Un gol de Martín Gesto no minuto 14 saldou outro bo partido do Infantil A ante un moi bo equipo de primeiro ano como é a Escola de Futbol DSF "B":

Bo partido dos rapaces do Cadete B ante a SD Ponteareas C, apretaron todo o partido, con intensidade, ocasións e moi bo partido. Goles de Anxo e Iker que igualaron o marcador adverso en dúas ocasións pero o terceiro tanto do Ponteareas no minuto 74 foi definitivo:

Duelo no cume o que se disputou en Pardellas entre o primeiro (SD Ponteareas) e o segundo (Cadete A) clasificados ao comezo da xornada. Partido intenso con moitas alternativas entre dous moi bos equipos. O Arenas adiantouse cun gol de Rubén aos 16 minutos, pero o Ponteareas conseguiu darlle a volta ao marcador. No minuto 74 Mario Negrete conseguiu o definitivo 2-2. Este empate, que é un moi bo resultado, unido ao triunfo do CD Teis fai que nos poñan por diante na clasificación:

Despois de plantarlle cara ao líder a semana pasada, nesta xornada o Xuvenil B tiña o polo contrario, o equipo do fondo, comezamos con xogadores menos habituais no once inicial. Inicio do partido dubitativos, tentando ser os donos do balón, pero só o conseguimos por momentos, conseguimos marcar un penalti cometido contra Martín e marcado por David. Reaccionou o Lavadores, empatounos un minuto despois e adiantouse antes do descanso nun mal final da primeira metade pola nosa parte. No descanso sacudimos a árbore e fixemos 3 cambios que nos permitiron recuperar o control do balón pero sen poder marcar. No minuto fixemos os 2 cambios que quedaban, xogandonos  todo con 4 dianteiros e chegaron os goles de Pedro no seu primeiro balón, e de Mateo e Chowter minutos despois. Próximo partido o Teis e tentar seguir sumando:

Partido do Xuvenil A no que comezamos con confianza, con convicción, con ganas de levantar estes malos gustos en boca dos últimos partidos, e coma sempre a clasificación e os resultados non son os que reflicten no terreo de xogo, comezamos moi, moi ben, propoñendo un partido cara a cara, un primeiro tempo que levamos aos puntos por goleada, pero o balón non quixo entrar, fomos con 0-0 ao descanso e con moi boas sensacións. Comezou a segunda parte coa mesma dinámica, as mesmas ganas pero un lío en defensa, un fallo de comunicación entre porteiro e defensa, fixo que o equipo local se adiantase sen merecelo, volvemos erguernos, tiñamos varias oportunidades nas botas de Curi e Álvaro, pero esta tempada estamos a ter moi mala sorte de cara á portería. Co equipo envorcado, nunha falta a favor meteron o 2º nunha boa contra facendo así o resultado final. A pesar de so os nosos rapaces non se rendiron e seguiron intentando. Moi boa imaxe dos rapaces de Edu. A seguir así!!


 


No hay comentarios:

Publicar un comentario