domingo, 27 de noviembre de 2022

O Arenas en Xogo

Nova vitoria do Prebenxamín cun claro 2-6 que o mantén na 4ª posición da clasificación:

 

O Benxamín B apareceu con moitas baixas ante o Colexio Apóstol e sen posibilidade de cambios, pero a pesar de todo disputou moi ben un partido que se fixo moi longo:

Gran partido do Benxamín A e gran triunfo por 2-6 ante o Rápido de Bouzas D, onde conseguiu remontar un inicio complicado e lograr unha remontada a partires do gol que aparece no vídeo:

O Alevín B viaxou a Fragoselo para disputar un partido moi igualado ante o Coruxo B que rematou cunha derrota moi axustada por 3-2, onde unha moi boa segunda parte non foi suficiente para superar os erros que nos custaron os goles en contra:


Vitoria por 0-5 do Alevín A ante o Colexio Apóstol B tras un bo partido, moi bo en defensa, e activo no ataque con bonitas combinacións que remataron con alguns golazos como os que aparecen no vídeo. Teo, Luis, Covelo y Vicente con 2 foron os goleadores:


Partido difícil que enfrontou o Infantil B ante un dos equipos da parte alta da táboa, diferenza que quedou reflectida no marcador:

Un gol de Pablo Verdera no minuto 23 selou o partido do Infantil A, e que lles fai manter un meritorio sexto posto na Primeira Autonómica:

O resultado do Cadete B non amosa polo que loitaron os rapaces e o bo facer de todos, os goles da UD Mos producíronse por os erros nosos, o gol de Dani que supuxo o empate deunos esperanzas. A polémica actuación arbitral, prexudicando a ambos equipos, condicionou o rendemento e sobre todo o comportamento dos xogadores.

O Cadete A segue con racha de goleadas, esta vez ante o Vigo 2015. Mario, Martín, Alí, Matías, Andrés con 2 e Santi con outros 2 deixaron o marcador final en 0-8:


O Xuvenil B xogou un partido moi igualado ante A Guía. Hugo igualou o partido no minuto 74, que parecía a consecución dun punto nun campo complicado, pero un gol nos últimos minutos de La Guía frustrouno:

Mal partido do Xuvenil A onde se adiantou no marcador con goles de Álvaro e Lucas, pero un exceso de confianza permitiu ao San Miguel remontar e empatar:


 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario