domingo, 6 de noviembre de 2022

O Arenas En Xogo

Fin de semana óptimo para xogar, sen chuvia, sen aire e sen frío. Con ganas, con goles e con moita animación. Xa o dicía Vujadin Boskov, "fútbol es fútbol". E a xogar tocou. Resultados dispares pero en todos os partidos houbo unha melloria en intensidade, disciplina e xogo.

Partido que se presentou de cara para o Prebenxamín ante o último clasificado que apareceu baixo mínimos de efectivos polo que o noso equipo técnico nun xesto de deportividade decidiu xogar con 7 xogadores tamén , o noso equipo se adiantou cun gol de Unai no minuto 7, pero sorprendentemente o Arenas bloqueouse e o Colexio Hogar fíxose co control do encontro e acabou gañando 1-6 con moitas oportunidades de gol desbaratadas polo noso porteiro Enzo que foi o mellor de partido. Segunda derrota consecutiva que os afasta un pouco da cabeza e pasa a ocupar o quinto posto da Clasificación. Ánimo rapaces!!!!


Derrota do Benxamín B por 0-6 ante o Lavadores. Ánimo, a seguir loitando:


O partido do Benxamín A estivo condicionado polas 5 baixas, entre as que hai que mencionar a do porteiro Dani, que estará unhas semanas de baixa. Teo, Pedro e 1 dun xogador da AD Montecastelo en propia meta foron os nosos goleadores nun encontro que rematou cun resultado final de 3-7.


Bo partido do Alevín B ante o Gran Peña cunha gran actitude e loitando por cada balón. Seguen cometendo erros que nos custan goles, pero comezan a verse cousas moi positivas. Resultado final 0-3 


Outro bo partido desta xornada en Navia, o xogado polo Alevín A, con boas combinacións e saídas de balón que remataron con ataques por bandas, posibilitaron unha vitoria que encarrilou a Alex cun gran gol de falta directa que recolle o vídeo:

O Infantil B amosou ante o Colexio Apóstol a clara melloría que observamos nas últimas xornadas polo bo facer nos adestramentos. A pesar da derrota por 1-3, despois de comezar gañando co gol inicial de Manuel aos 7 minutos, a vitoria puido ser conseguida se tivésemos máis acerto no tiro. En defensa estiveron moi ben, sacando o balón controlado e case sen erros. Ao final da segunda parte dende que o equipo adiantou as liñas, o rival notou a presión e acabou solicitando que o árbitro pitase o final do encontro. Moi ben rapaces, parabéns


Segunda derrota do Infantil A nesta Liga, ante o UVCD Candeán por 0-3, pero que sigue na parte alta da clasificación:


Nunha mala primeira metade do Cadete B, Guillermo Vega adiantaba ao Arenas pero 3 minutos despois empataba a UD Ribera, que levaba ao descanso o 1-1 a pesar dun mal partido por unha actitude pésima. Porén, na segunda parte a intensidade mellorou e apareceron as ganas de gañar, que se concretaron en moitas máis ocasións de gol, pero só entrou unha de Iker no tempo engadido:

Outra vitoria rotunda do Cadete A, que o mantén na 4ª posición a catro puntos do líder. Partido cun dominio claro que reflicte o resultado final por 9-0 ante o SR Casablanca. Os goleadores foron: Izan con 2, Rubén, Martín, Mario, Ali, Andrés, Daniel e Zakariae.

O Xuvenil B segue rompendo as estatísticas de goles da historia do fútbol. 8 goles no encontro ante o Colexio Apóstol que rematou con vitoria por 5-3, a pesares do mal xogo do noso equipo no que fallamos moitas veces. Partido atascado con moitas faltas e fóra de xogo onde o balón estivo parado durante moito tempo. Destacar o hack trick de Pedro que xunto Iago e Jorge foron os autores dos goles. O malo do partido foi o conflitivo final que rematou con 3 expulsados, dous deles do Arenas.

A boa marcha do Xuvenil A continúa cunha nova vitoria. O Chapela aproveitou unha perda tonta no medio do campo e o disparo dende o borde da área entrou por arriba do noso porteiro Dani. Empezou o dominio do Arenas e a remontada comezou cun disparo de Samu no segundo pau de falta, pouco despois cunha recuperación de Curi que buscaba un balón que baixaba pola liña de fondo, pelexouno e deixouno a Brais que o empuxou dentro. Así chegou o descanso. Seguimos dominando, Samu pronto fixo o 3-1 e controlamos o partido con poucas perdas. Case ao final, nunha xogada da banda, pasou á área e Cocas pechou o resultado. Despois houbo máis chegadas pero o longueiro, o poste e un fallo as nubes non levaron a máis goles.


 

 

 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario