domingo, 18 de septiembre de 2022

Crónica da Xornada

Esta fin de semana as categorías de fútbol 8 disputaron amigables en Castrelos e Baiona.

Os dous partidos en Castrelos remataron coas vitorias do Mini/Prebenxamín por 2-3 e do Benxamín B por 1-3 ante o Racing de Castrelos, ambos facendo un gran partido, sendo para moitos deles a súa primeira experiencia competitiva que resolveron con bó xogo e diversión.

 

En Baiona, sorte diferente para os nosos nos seus enfrontamentos co Erizana, derrotas contundentes do Benxamín A por 6-0 e do Alevín B por 5-1,e vitoria do Alevín A por 2 -4. tras unha gran segunda metade cunha gran actitude dos xogadores onde foron claramente superiores.

                      

Nas categorías de fútbol 11, o inicio da liga do resto dos equipos completouse tras o debut a semana pasada do Infantil A e do Xuvenil A en 1ª Autonómica.

O Infantil B comezou moi ben, adiantándose no marcador cun gol de Sergio e tras unha moi boa primeira metade que rematou 1-1, dous goles encaixados nada máis comezar a segunda metade mataron o partido e o equipo, que a partir de entón chegaron os goles ata o definitivo 1-9. Ánimo rapaces!!!.

 

O Infantil A segue co seu bo inicio en Primeira e logrou o empate a domicilio en Chapela, nun duro partido para o noso equipo e que rematou con empate 0-0.


 

O Cadete B, que está a facer un gran traballo na pretemporada, comezou a súa andaina nesta Liga cun empate ante o Cultural Areas en Navia. Iker Fernández adiantou ao Arenas na primeira metade, pero o maior impulso do Areas na segunda fíxo que lograran o empate. 

 

O Cadete A comezou esta liga moi forte cunha vitoria por 7-0 ante o Gran Peña, unha clara vitoria con 3 goles de Mario que o fan liderar a táboa de goleadores, 2 de Matías, 1 de Santi e outro de Rubén completaron o triunfo.


 

Partido tolo do Xuvenil B en Navia, por suposto a xente que preferiu ver este partido aos da Liga das Estrelas retransmitidos pola tele, sairon gañando. 8 goles nunha primeira metade que rematou cun incrible 4-4. Pedro, Jorge, Nicolás e Iago Frias, este último de penalty, marcaron para o Arenas. Na segunda pararon os goles pero non a tolemia, e nos minutos finais Iago Álvarez marcou o gol da vitoria que provocou o delirio na bancada e no terreo de xogo.


Outra derrota pola mínima do Xuvenil A, esta vez ante o Porriño no campo do Lourambal, partido que se decidiu nos minutos finais. Álvaro Rial foi o autor dos dous goles do Arenas. Ánimo rapaces! Estamos preto da vitoria.


 #AupaaaaArenas

No hay comentarios:

Publicar un comentario