miércoles, 4 de mayo de 2022

#FuturaAfición

Onte martes celebrouse no Campo Pahiño de Navia o obradoiro #FuturaAfición.

Arenas de Alcabre foi o primeiro equipo de fútbol vigués en participar neste proxecto.

 

#FuturaAfición é un proxecto educativo que fomenta os valores positivos do deporte como o xogo limpo, a deportividade e o respecto, na súa firme intención de promover a non violencia no fútbol e que os máis pequenos se convertan nunha afección respectuosa.

Este programa de sensibilización está dirixido a xogadores das categorías Benxamín e Alevín.

O proxecto educativo #FuturaAfición , posto en marcha por LaLiga a través da súa Fundación, consolidouse como un programa educativo de referencia en educación en valores. Está pensado como un apoio para as entidades que desexen educar en valores como estratexia de prevención.

Os seus obxectivos principais son:

Combater a violencia no deporte en calquera das súas manifestacións.

Fomentar o xogo limpo e a cooperación no deporte.

Fomentar os valores de tolerancia, respecto e empatía.

Mostrar modelos e actitudes saudables no deporte.

Trasladar os valores do programa aos centros educativos, ás familias e á sociedade en xeral.

Promover a adquisición de hábitos saudables.

Víctor, o Monitor da Fundación LaLiga foi o Encargado de dirixir o programa que consta dun itinerario educativo específico que acompaña a educación en valores.

 Aquí vos deixamos un vídeo coa xornada que inclúe ao final a entrevista ao Monitor da Fundación LaLiga:

 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario