domingo, 8 de mayo de 2022

Crónica da Xornada

 Erizana  C.F. 3 PREBENXAMÍN 2:

Duelo no cume o disputado no campo do Aral Fontiñas en Baiona. Os dous equipos apareceron empatados a puntos o inicio da xornada, e un gol nos últimos minutos do Erizana deulles os tres puntos e a vantaxe na tabóa, deixando inútiles os goles de Erik e Derek.

 


Independiente B 3 BENXAMÍN B 1:

Outro partido que acabou en derrota para o noso Benxamín B, onde tivo que facer fronte a moitas baixas, a loita e o bo xogo non foron suficientes para sacar un resultado positivo. Luis foi o autor do gol da honra.



U.D. Mos 1  BENXAMÍN A 2:

Un magnífico triunfo conseguiu o Benxamín A esta xornada en Mos, remontando o gol inicial que a UD Mos marcou aos dous minutos de partido. Os goles de Sergio e Ángel deron a volta ao marcador, e consolidaron o liderado do grupo, distanciando en 5 puntos ao segundo clasificado.


Mondariz C.F. 1  ALEVÍN B 1:

O Alevín B xogou con moitas baixas en Mondariz, partido no que ambos se xogaron máis que os tres puntos, o liderato. O empate final mantén a loita na parte alta da táboa entre ambos equipos.


ALEVÍN A 2 Erizana C.F. 6:

Dura e contundente derrota do Alevín A ante o Erizana que lle permite adiantarnos na clasificación.

Animo rapaces!!!


INFANTIL B 0  U.D. Atios 4:

O noso Infantil B tamén sufriu unha contundente derrota ante o Atios B, un gol nada máis comezar, aos dous minutos, condicionou o partido.

Animo rapaces a seguir loitando!!!


INFANTIL A 4  Gondomar C.F. 1:

Partido difícil que pecha a 1ª volta. O partido púsoxe de cara para o Arenas polos goles tempranos de Rubén e Andrés. Con esa tranquilidade seguiron coa manixa, tocando e trenzando xogadas. O Gondomar tivo un tiro ó pao que parecía que os metía no partido, pero Adrián recolleu un rexeite da zaga gondomareña e subiu o 3-0 antes do descanso. Xa no inicio do segundo tempo o Arenas tiña claro que había que controlar o partido a base de xogo e posición no campo, e foron quen de conseguilo. Outro gol do Arenas deulle tranquilidade ata que con un penalty o Gondomar recorta distancias e apreta máis. Pero o partido xa tiña un claro gañador. 4-1 final que consolida ao equipo local no alto da táboa de clasificación e a Rubén como líder da taboa de goleadores.


CADETE 3  Alertanavia B 3:

Partido moi emocionante do noso Cadete, con alternativas no marcador. Un gol de Mario Rodríguez adiantou ao Arenas, un Hat Trick de Ismael volteou un marcador que no minuto 76 parecía definitivo, pero unha espectacular reacción do Arenas con goles de Izan e Claudio logrou o empate definitivo, e mantén ao noso equipo na cabeza da clasificación.

XUVENIL B 1 C.P. Alertanavia B 8:

Partido sen cor disputado polo Xuvenil B ante o líder invicto da Competición. O marcador abultado reflicte claramente o dominio absoluto do Alertanavia.


XUVENIL A 1  Goián F.C. 1:

 Outro importante partido na loita polo ascenso. O Goián soubo plantexar o partido que necesitaba. Así foi que á media hora, nunha contra rápida conseguen o seu gol. O Arenas tardou en soltarse e foi no segundo tempo cando foi más constante e incisivo pero sen acerto. Ata que no min 85 Rubén acada o empate. E logo con mais corazón que cabeza seguiron en busca doutro gol que non chegou. Vaciaronse  pero houbo que conformarse con empate. Agora xa dependemos do que pase na última xornada. AupaaaaArenas!!!

 


 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario