domingo, 29 de mayo de 2022

Crónica da Xornada

 Nesta xornada só xogou partido oficial o Infantil A, que aínda está en fase de ascenso sentenciado afortunadamente pola nosa banda. Partido celebrado no campo da Guía, cunha primeira metade con alternativas, ocasións e un tiro ao poste de cada equipo. No segundo tempo, dous goles de Rubén de penalti no minuto 62 e Matías no minuto 74 selaron o encontro. 


 

 

O resto de equipos xogaron amigables, o Prebenxamín noutro partido espectacular dos que estamos acostumados, gañou 4-6 en Candeán.

O Benxamín perdeu 5-3 ante o Gran Peña nun partido que mereceu gañar, pero o porteiro do Gran Peña parouno practicamente todo. O esforzo dos cativos foi impresionante pola calor coa que se disputou o partido. 

Curioso o resultado dos dous equipos Alevíns, ambos venceron por 4-3 en Castrelos,  o B ante o Rapido de Pereiró e o A ante o Racing de Castrelos. 

Contundente  derrota do Xuvenil no campo do Meixueiro ante o Nieto, amigable ao que se presentaron con reforzos do Cadete polas numerosas baixas. O que prometía unha revancha, o Nieto fora o único equipo que nos venceu nos dous partidos da fase de grupos, rematou cunha derrota por 5-1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario