U.D. Mos 2 XUVENIL A 4 SOMOS DE PRIMEIRA!!!!
Derradeiro partido da fase de ascenso. Campo de As Baloutas, 29 graos de temperatura. Xogan Mos e Arenas de Alcabre. Na distancia, no campo do Regatiño en Goián, o Matamá disputa tamén o ascenso co equipo local.
E solo pode ascender un. Co Mos xa fóra da ecuación o ARENAS de Alcabre xoga un partido limpo e pouco a pouco Vai collendo a manixa e afianzase no marcador. 1-3 ao descanso. E 2-4 final.
Pero qué pasa no Regatiño?
Parece que estaban empatados 1-1. Pero no min 84 o Goián adiántase. O árbitro comunica que o partido Tera 10 minutos de prolongación. E o Matamá creeu en darlle a volta o marcador. Acada o empate a 2 no min 94.
Radio macuto vainos dicindo empate, faltan 4 min, faltan 3, faltan 2, falta 1, e logo Final, empate a 2.
Con ese resultado o ARENAS de Alcabre, que tiña que ganar e esperar a ver qué pasaba en Goián, xa é equipo de Primeira.
Non foi Unha fase fácil, os cuatro equipos deste grupo competiron en busca dun ansiado ascenso. Ningún chegou á fase por sorte, traballaron duro. Para Nós foi Unha honra competir co Matamá co Goián e co Mos. Eles fixeron que tiveramos que dar o máximo. As veces os nervios xogan malas pasadas e houbo lances de xogo que non nos gustaría que se volvan a dar. Aprenderemos.
Facendo unha comparación cinematográfica INMORTALES, solo pode ascender un. E ese un, foi ARENAS DE ALCABRE!
UVCD Candeán C 2 INFANTIL B 0:
Rematou a participación do Infantil B na Copa Delegación ante o líder, despois dun
novo partido moi ben xogado polo noso equipo pero con dous goles dubidosos, un despois de que o balón saíse completamente da liña de fondo e os nosos xogadores quedaron parados, e o outro nunha xogada cun fóra de xogo moi dubidoso. Está claro que os resultados non coincidiron co xogo e esforzo do equipo.
INFANTIL A 5 San Miguel 1:
Dominio absoluto do Infantil A no partido de hoxe e na clasificación da Fase de Ascenso, que permite manter a diferenza de 5 puntos co segundo clasificado pero agora só con 4 xornadas pendentes, o vindeiro martes 17 duelo á cabeza e decisivo entre o primeiro e o segundo clasificado. .
Os goles de Ali, Matías, Zakariae, Nico Bastos e Rubén saldaron o encontro cun claro 5-1 ante o San Miguel. Rubén amplía cun novo gol a súa vantaxe na táboa de goleadores.
Rápido de Bouzas C 3 CADETE 2:
Partido moi competido o disputado no Baltasar Pujales. O Rápido de Bouzas, con esta vitoria na última xornada, superanos na clasificación e sobe ao primeiro posto que tiñamos dende a primeira xornada. Os goles de Izan e Claudio empataron o encontro que nos mantivo na primeira posición, pero un gol de Rapido nos últimos minutos deulles os tres puntos e o liderato do grupo.
Pontellas 12 XUVENIL B 1:
Partido sen máis historia que o abrumador dominio que reflicte o marcador cun resultado tan aplastante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario