domingo, 3 de abril de 2022

Crónica da Xornada

 

O Prebenxamín, con baixas importantes e ante un rival moi forte, non conseguiu os tres puntos e a derrota foi pola mínima 2-3, un partido moi pelexado para os nosos e no que mereceron máis.

Outro gran partido xogou hoxe en Navia o Benxamín B, que rematou cun empate 4-4. Custounos entrar no encontro, a primeira parte con alternativas, a segunda máis controlada pero dous contragolpes do Atios castigounos duramente. Bo partido dos nenos e nenas en xeral e moi bo partido do porteiro Daniel:


 

Gran vitoria do Benxamín A que lle permite manter o segundo posto da clasificación, Primeira metade con alternativas constantes no marcador pero nunha gran segunda parte, os nosos chegaron dende atrás e lograron unha clara vitoria.

Meretorio empate do Alevín B ante o líder ata hoxe, La Guía perde o liderato tras un gran partido do Arenas. Moi bo traballo rapaces.

 Enorme partido o vivido en Navia polo noso Alevín A, contra un gran rival como é o Erizana. Partido de ida e volta con gran loita pola disputa en cada balón e chegando o descanso co empate inicial. Xa na segunda parte no minuto 33 un balón queda solto na frontal da área e aproveita o Erizana para meter o seu gol con un gran disparo, que nada puido facer o noso porteiro. Sen baixar os brazos e co xogo habitual do noso equipo, saíndo co balón desde a defensa e combinando, conseguimos no minuto 40, tras fermosa xogada, un gran gol para poñer as táboas. Desde ése momento ata o final do partido foi unha loita deportiva non apta para cardíacos, baleirando todo o esforzo posible por ambos equipos, e chegando o pitido final con empate de 1-1.

Magnífico inicio do Infantil A na fase de ascenso, vitoria rotunda e inapelable por 0-4 fóra ante o San Miguel.

 Aínda máis contundente foi o inicio do Cadete na Copa Federación. O triunfo a domicilio en Caldelas por 3-9 sitúaos na primeira posición do grupo.

Dura derrota do Xuvenil B en Salvaterra, soportou magníficamente o empate a 2 ata o minuto 66, e un arreón definitivo do Salvaterra deixou o marcador final no 5-2.


 Sobremesa no  campo de Penedo da Mo. Atlántida Matamá e o Xuvenil A do Arenas de Alcabre rompen o xeo no terceiro grupo da fase de ascenso de xuveniles. Xa non hai rival fácil, e os dous equipos están a  xogar por acadar o premio deportivo que supón o ascenso.Comeza o partido cun percance no minuto 3. Lesión de Adán, central do Arenas.  Troco e  desconcerto que aproveita o Matamá para asentarse e crear dúbidas e desaxustes no contrario. Así é que nesta primeira parte o equipo local adiántase no marcador e chegan co 1-0 ao descanso.Na reanudación do encontro o Arenas da un paso adiante e comeza a asentarse e facer o seu xogo. As inoportunas lesións de Nico e de Bryan mermaron un pouco o sistema, pero dende a bancada houbo compromiso e os hoxe suplentes sairon a cumplir. Presionamos e fomos polo partido en mostrando por medio de Diuma.Pero o Matamá soubo aguantar e buscar as contras. Nas postrimerías nunha contra Dani, o noso porteiros,  cunha enorme parada deixou o marcador co 1-1 .

No hay comentarios:

Publicar un comentario