lunes, 7 de marzo de 2022

Xuvenil A asegura praza para a fase de ascenso

 Decimosexta xornada. Tempo agradable no Meixoeiro. Sorpresa, ou non, no once que saltou ó campo. Titular e Capitán: Steven.

Comeza o partido e xa no inicio o equipo visitante, Arenas de Alcabre, adiantase no marcador con gol, de Pablo Teijeira no primeiro minuto

O trencilla amosou tarxetas á dereita e á esquerda do campo, para os dous equipos. Xogo lento, algo trabado e decididamente para esquecer de non ser polo tradicional xogador número 12 animando dende o graderío. Está claro que nesta xornada o mellor foi ese público animando a viva voz.

 No inicio da segunda parte o Arenas quedou con 10 xogadores pola segunda tarxeta amarela para un dos seus.

A partir dese momento e logo dun triple cambio o equipo mudou un pouco e marcou un novo gol ata que case no desconto o Lavadores apretou o marcador logo dunha mala cesión da defensa do Arenas.

Con este resultado o Arenas xa garante matemáticamente a fase de ascenso.

As primeiras impresións de Steven ao pé do campo:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario