lunes, 28 de marzo de 2022

Crónicas do Prebenxamín e o Alevín A

Prebenxamín. Erizana Vs Arenas de Alcabre.

 Partido disputado este sábado no campo de Aral-Fontiñas en Baiona.

 Terceiro contra cuarto. Prometía ser un partido disputado. E non defraudou. O Erizana púsose dúas veces por diante do marcador no primeiro tempo logo de dous saques de curruncho. Nembargantes o Arenas non perder a compostura e acortou a diferencia no marcador antes do descanso.

 Xa no segundo tempo o Arenas dominou e así deulle a volta ó marcador con tres goles máis. E xa nas postrimerías do encontro o Erizana recortou de penalty ata deixar o resultado en 3-4.  Importante triunfo do equipo de Alcabre que ten nas súas mans, ou mais ben nos seus pés, seguir subindo na clasificación e optar ó ascenso.

 Partido para crecer e creer. AupaArenasssss!!!

 

 Partido Nieto- Arenas de Alcabre. Alevín A.

 Xornada 12 da fase de ascenso,  Campo do Meixoeiro. Temperatura agradable. Prometía ser un partido disputado,  e así foi. O Nieto comenzou poñéndose por diante pero o resultado no descanso foi de empate a 2. Xa no segundo tempo remontamos ata poñernos 2-4 xogando e movendo o balón e case ó final o Nieto marcou o 3-4 definitivo. Bo partido dos nosos alevíns que continúan a facer un Bo traballo e xogando sen complexos ante calquera rival. Noraboa ós rapaces e ó seu cadro técnico. AupaArenasssss!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario