domingo, 20 de febrero de 2022

Partido para esquecer do Xuvenil A

Partido para esquecer. O noso Xuvenil A veu truncada a racha de victorias logo de perder 1-3 co Nieto. Nos primeiros compases atopámonos cun gol en contra que foi o preludio do que ía acontecer. Logo dunha pequena reacción na que non se materializou ningunha das oportunidades, o Nieto nunha contra cun clarísimo fora de xogo que o trencilla non foi que de ver, afianzouse no marcador. E con este resultado chegouse ó descanso. O noso Xuvenil non deu coa tecla da fiabilidade doutras xornadas. E no comezo do segundo tempo outro mais e 0-3. Logo dalgún cambio o equipo tentou meterse no partido. Pero o cambio de velocidade non foi automático senón a impulsos provocando moitas imprecisións .  O bo facer do adversario co resultado de cara e co reloxo correndo non favoreceu a habitual proposta futbolística. Un gol deu un pequeno arreón en busca de recortar aínda mais o resultado pero non foi suficiente. No terreo de xogo as revolucións ían subindo de nivel e como resultado dunha pequena trifulca os dous equipos remataron o partido con 10 xogadores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario