domingo, 13 de febrero de 2022

Importante vitoria do Xuvenil A

 O xuvenil A sube un posto na táboa de clasificación despois deste duelo entre candidatos ao ascenso. Nun partido no que de seguida o Arenas toma a dianteira e ten o control durante toda a primeira parte. A calor e o pésimo estado do terreo de xogo foron parte do encontro. Sobre todo na segunda parte. Cun xogo máis embarullado e logo dalgunha lesión inoportuna no Arenas o Independiente logra o empate logo dun saque de curruncho nos minutos finais. Pero logo dunha discutida decisión arbitral, no desconto chegou o gol da victoria do equipo de Alcabre.

 Victoria traballada e con axustes  no equipo polas lesións. A fe e as ganas de acadar a victoria  foron superiores ás adversidades. O resultado fai xustiza a quen dominou e tivo máis pundonor e garra. Aúpa Arenas!


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario