miércoles, 20 de octubre de 2021

Nota Informativa

 

ARENAS DE ALCABRE INFORMA: 19/10/2021

Desde esta semana O Concello xa nos permite facer uso da zona de vestiarios para partidos e adestramentos.

Dada a cantidade de nenos e nenas dos equipos e a limitación de persoas que poden estar xuntos nos vestiarios sen aglomeración, pedímosvos estar 5 minutos antes da hora de inicio do adestramento  para poder organizalos.  Nos días de adestramento o acceso á grada solo estará permitido aos xogadores e persoal do club. Temos que facer un uso racional e cívico da instalación, seguro que teremos fallos pero tentaremos solucionalos.

O aceso do público á grada solo será posible para os partidos, seguindo as instrucións que nos remiten dende o Concello. Xa vos informaremos de como imos xestionar o acceso as gradas os días de partidos.

Grazas pola vosa colaboración e comprensión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario