lunes, 31 de mayo de 2021

II CLINIC TRASHORRAS ¡¡¡Cambio de Fechas!!!

Presentámosvos a II Edición do CLINIC TRASHORRAS. Nesta 2ª Edición @s nen@s, de entre 5 e 17 anos, poderán gozar da práctica do fútbol con profesionais do fútbol dirixidos por Roberto Trashorras, temos instalacións adecuadas e Técnicos con gran experiencia.

 Non fagas plans para os días 23 e 24 de xullo porque esta cita non a podes perder !!!

 O Arenas de Alcabre xunto co ex-futbolista profesional Roberto Trashorras (FC Barcelona B, Real Madrid B, Numancia, Las Palmas, R.C. Celta de Vigo e Rayo Vallecano) celebrarán o seu II Clínic no Campo de Fútbol Pahiño (Navia-Vigo ), un curso intensivo de 2 días no que podes rexistrarte para vir aprender a xogar, da man dos mellores profesionais.

Non perdas esta oportunidade ÚNICA. Cousas coma esta non acontecen todos os días.



HORARIO CLINIC



Venres 23 de Xullo de 17:00 a 20:00

Sábado  24 de Xullo de 10:00 a 14:00

INSTALACIONS

Celebrarase nas instalacións do Campo de Fútbol Pahiño (Navia)

Aquí tes a ubicación das mesmas.







CONTIDOS PRINCIPAIS:

Actividades técnicas individuais e colectivas.

Tarefas tácticas e ensaio de xogos.

Competencia interna.

Traballo específico por demarcacións.

Charlas educativas (nutrición e hábitos saudables) e deportes.

Regalos, agasallos, ...

O noso Clinic organizarase en base a sesións técnico-tácticas de fútbol, ​​tanto globais como máis específicas por demarcacións no terreo de xogo, mellorando as capacidades técnicas, tácticas, físicas e de rendemento.

Prezo:50€  
Prazo de Inscripción ata o 11 de xullo.
Nen@s entre 5 e 17 anos.

Inclúe:

Medidas Anticovid

Seguro Médico e de R.C.

Froita, hidratación.

Foto co xogador

Equipación roupa de adestramento

Sorteos,...

Contacto:

Para resolver calquer dúbida, non dubides en contactar connosco

Teléfonos: 609 666 608 / 680 363 603

Dirección de correo electrónico:

arenasdealcabre.scd@gmail.com

Agardamoste…




No hay comentarios:

Publicar un comentario