A Federación Galega de Fútbol anunciou este martes o regreso do fútbol autonómico tras un parón de nove meses debido ao coronavirus. A Xunta de Galicia aprobou o protocolo definitivo para a actividade federativa de fútbol con contacto e a Federación reactivou o plan de desescalada.
Os nosos equipos comezarán no segundo nivel cando se activarán as ligas provincial xuvenil, cadete e infantil co obxectivo de comezar a competición na segunda quincena de febreiro. Finalmente, será a quenda do fútbol 8, a finais de febreiro, sempre que a situación sanitaria o permita.
Fai clic na foto para acceder ao documento oficial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario